Henri Hiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henri Hiro
Nacemento1 de xaneiro de 1944
 Moorea
Falecemento10 de marzo de 1990
 Illa Huahine
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpoeta e director de cinema
editar datos en Wikidata ]

Henri Hiro, nado en Moorea o 1 de xaneiro de 1944 e finado en Huahine o 1 de marzo de 1990, foi un poeta, dramaturgo e director de cinema da Polinesia Francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hiro estudou teoloxía en Montpellier e volveu para Tahití en 1972, pero non se ordenou sacerdote.[1]. Segundo a súa visión procedía dunha sociedade colonizada e arelaba volver aos valores tradicionais polinesios,[2] e traballou para promover a lingua tahitiana, así como a cultura e identidade propia.[3]

Hiro tamén se implicou na defensa do medio ambiente, foi un dos impulsores da asociación Ia ora te natura, e na resistencia contra o poder francés, e así en 1975 foi un dos membros fundadores do partido Ia Mana te Nunaa, defensor dun socialismo autoxestionario e con Jacqui Drollet como líder.

En 1979 realizou, xunto con Jean L'Hôte, o seu primeiro filme, Le Château, que trata da perda da identidade entre os mozos en Tahití. En Marae, de 1983, recreou unha cerimonia tradicional de entronización real e Te ora, que Hiro realizou con Bruno Tetaria en 1988, é un canto á natureza polinesia, presentando quince especies de árbores aos nenos.[1] Publicou ademais dúas coleccións de poesías en tahitiano e montou espectáculos teatrais nos que integrou cantos polifónicos, danzas ou recitacións tradicionais[4].

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Pehepehe i taù nūnaa, Tupuna, 1985
  • Taaroa, OTAC, Tahiti, 1984.

Filmes[editar | editar a fonte]

  • Le Château (1979)
  • Marae (1983),
  • Te ora (1988), serie de televisión escrita por Henri Hiro e realizada por Bruno Tetaria ; 15 filmes para nenos consagrados a diferentes árbores da Polinesia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 «Henri Hiro, le poète» Arquivado 22 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Tahiti Heritage.
  2. «Hommage à Henri Hiro, le poète engagé des années soixante-dix», arkivert fra Tahiti Presse, 3. mars 2010.
  3. «Henri Hiro, poète polynésien», Jalons pour l'histoire du temps présent.
  4. Bruno Saura (2013) Tahiti ma'ohi: Culture, identité, religion et nationalisme en Polynésie française Au vent des îles.