Illa Huahine
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Huahine | |
---|---|
![]() | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas da Sociedade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 16°44′S 151°02′O / -16.733, -151.033 |
Xeografía | |
Superficie | 74´8 km² |
Longura máxima | 16 km. |
Largura máxima | 13 km. |
Punto máis alto | 669 m. Monte Turi |
Demografía | |
Capital | Fare |
Poboación | 6.303[1] (2012) |
Densidade | 84 hab./km² |
Huahine é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. É a illa máis oriental do grupo, situada a 175 km ao oeste de Tahití.
A illa está formada por dúas penínsulas montañosas, Huahine Nui (Gran Huahine) e Huahine Iti (Pequena Huahine), unidas por un estreito istmo que separa as baías de Maroe e Bourayne. Huahine Nui ten unha altitude de 669 m no monte Turi, e Huahine Iti culmina a 462 m no monte Pohuerahi. A illa está rodeada completamente por un escollo coralino, que está a unha media de 2 km da costa, e forma unha lagoa estreita accesible por dous pasos ao leste e dous ao oeste. A superficie total é de 75 km².
A poboación total era de 6303 habitantes no censo do 2012, distribuída en oito vilas: Fare (a capital), Maeva, Faie, Fitii, Parea, Tefarerii, Haapu e Maroe. A actividade principal é o cultivo de vainilla, a produción de copra, a pesca e o turismo.
En Huahine atópase unha das máis grandes concentracións de restos arqueolóxicos polinesios datados entre os anos 850 e 1100. O primeiro europeo en explorala foi o inglés James Cook en 1769. Antigamente era denominada Matairea, que significa «brisa ditosa». O nome Huahine significa literalmente «sexo de muller». Probablemente poderíase traducir como «muller embarazada» xa que o perfil do monte Tavaiura fai pensar nunha muller embarazada tombada. Domingo Bonaechea en 1775, chamouna A Fermosa. Hoxe en día coñécese co sobrenome de «a illa da muller».
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Population". Institut de la statistique de la Polynésie française (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Huahine ![]() |