Saltar ao contido

Hendrik Enno van Gelder (arquiveiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o numismático con nome e apelido coincidentes, véxase Hendrik Enno van Gelder (numismático)
Modelo:BiografíaHendrik Enno van Gelder



Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1876
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xuño de 1960.
A Haia.
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
País de nacionalidadeNeerlandesa.
Educación Universidade de Ámsterdam.
Actividade
Campo de traballoMuseoloxía e arquivística.
Lugar de traballo A Haia (1912–1960) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquiveiro, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJohanna Helena Scalongne (1902). Editar o valor en Wikidata
FillosJan Gerrit van Gelder, Dirk van Gelder Editar o valor en Wikidata

Hendrik Enno van Gelder, nado o 16 de febreiro de 1876 en Ámsterdam e finado o 24 de xuño de 1960 na Haia, foi un arquiveiro e director de museo neerlandés.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixe familiar

[editar | editar a fonte]

Hendrik Enno pertencía a unha dinastía de empresarios. O seu pai era Jan Gerrit van Gelder (1850-1917), ata 1899 membro da compañía H. E. van Gelder, dedicada á serraxe e á comercialización de madeira; e a súa nai Jeannette Agnes Beets (1852-1928), filla do profesor Nicolaas Beets (1814-1903).[1][3]

No gymnasium de Ámsterdam cursou o ensino secundario entre 1888 e 1894.[3]

Van Gelder iniciou en 1895 os estudos de Dereito e Ciencias da Administración na Universidade de Ámsterdam e acadou a súa graduación en 1899. Só un ano despois, en 1900, obtivo unha praza de arquivista adxunto na vila de Alkmaar, ao norte do país. En 1906 trasladouse á Haia como arquivista titular e en 1912 pasou a ocupar a dirección do museo de arte moderna desa cidade, o Haags Gemeentemuseum.[1][4]

En 1918 creouse o Servizo Municipal de Artes e Ciencias, entidade que abranguía os monumentos, o arquivo municipal (ata 1923) e tamén as coleccións do Haags Gemeentemuseum. Van Gelder converteuse no director deste servizo desde a súa creación e ata a súa xubilación en 1941. Nese período construíuse o edificio do museo municipal, do que se encargou o arquitecto Hendrik Petrus Berlage, que se inaugurou en 1935.[1][4]

Entre 1945 e 1947 foi o presidente da Comisión Nacional de Museos e en 1950 foi nomeado presidente da Comisión para a Promoción das Visitas aos Museos, promovida polo Ministerio de Educación, Artes e Ciencia dos Países Baixos.[1][4]

Ademais da súa actividade laboral ordinaria, Van Gelder levou a cabo un amplo labor de investigación, que deron lugar a numerosas publicacións no campo da historia e da historia da arte, especialmente no anuario Die Haghe e en Oud-Holland. Desde 1913 ata a súa morte, foi editor desta última revista.[1]

No ámbito familiar, Hendrik Enno casou en 1902 con Johanna Helena Scalongne (1876-1964), con quen tivo catro fillos, entre os que están o profesor de historia da arte Jan Gerrit van Gelder (1903-1980) e o tamén historiador da arte e guitarrista Dirk van Gelder (1907-1990).[1][4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]