Saltar ao contido

Hemocitoblasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liñaxe das células sanguíneas.

O hemocitoblasto ou célula nai hematopoética (en inglés, Hematopoietic stem cell, HSC) é a célula nai ou troncal multipotente, precursora das células do sangue, tanto as da liña mieloide coma linfoide. Encóntranse na medula ósea hematopoética (vermella) e derivan do mesoderma. Da liña mieloide proveñen os eritrocitos, os macrófagos e monocitos, eosinófilos, basófilos e neutrófilos, plaquetas, e células dendríticas. Da liña linfoide proceden os linfocitos (algúns dos cales maduran noutros órganos fóra da medula) e células NK.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.