Saltar ao contido

Head Automatica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Head Automatica
OrixeBellmore, Long Island, Nova York,
Período2004 - 2012
Xénero(s)electropunk, dance-punk, powerpop, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros. Records
MembrosDaryl Palumbo
Jessie Nelson
Jarvis Holden
Craig Bonich
Larry Gorman
Sammy Siegler
Antigos membrosDan "The Automator" Nakamura
Jim Greer
Brandon Arnovick
Brandon Reid
Na rede
http://www.headautomatica.com/
IMDB: nm2481023 Facebook: headautomaticaofficial MySpace: headautomatica Youtube: UCv3GbXe_f9qht_7frwSIsKQ Souncloud: headautomatica Spotify: 2cyaobEho8uxhqLxwG7j6i iTunes: 5378561 Last fm: Head+Automatica Musicbrainz: 5e94030f-c3c7-4777-a5af-5ecfbfc37bba Songkick: 361258 Discogs: 234909 Allmusic: mn0000581736 Deezer: 8645 Genius: Head-automatica Editar o valor en Wikidata

Head Automatica é unha banda de electropunk estadounidense procedente de Nova York, formada polo líder de Glassjaw Daryl Palumbo no ano 2004.

A banda xurdiu do interese que tiña o cantante Daryl Palumbo polo hip hop e polo britpop. Palumbo sentía que o material que lle inspiraban eses xéneros non tiñan cabida en Glassjaw polo que creou Head Automatica para amosalo.

O álbum de estrea da banda, Decadence, foi editado o 17 de agosto do 2004. O disco entrou nas listas Billboard 200 e Top Heatseekers, e saíu da cabeza de Palumbo, que era coñecido polo seu traballo na música hardcore punk, e por Dan 'The Automator' Nakamura, famoso polo seu traballo de produción con grupos como Gorillaz e Handsome Boy Modeling School. Os dous supostamente coñecéronse unha festa e traballaron no que se convertería posteriormente no álbum. Palumbo entón recrutou aos restantes membros para a banda de xira, e saíron polos Estados Unidos, tocando con grupos como Interpol, The Rapture, Mogwai e The Used.

Head Automatica lanzou o seu segundo álbum, titulado Popaganda, o 6 de xuño do 2006. O traballo foi producido por Howard Benson, coñecido pola súa relación con grupos de rock alternativo como P.O.D. ou Cold. Coa saída de Nakamura o son da banda aproximouse máis cara o powerpop clásico, citando a Squeeze e Elvis Costello como influencias.

O EP Pop Rocks publicouse o 6 de abril do 2006, e conta con catro temas do seguinte álbum: "Graduation Day", "God", "Nowhere Fast" e "Laughing At You".

No 2006 a banda xirou con Avenged Sevenfold e Coheed and Cambria, e uniríase durante un mes a Taking Back Sunday, Angels & Airwaves e The Subways. O grupo tamén programou unha xira en outono con Rock Kills Kid de abreconcertos, pero decidiu cancelala despois de realizar uns pouco concertos. Na súa vez foron abreconcertos de 30 Seconds to Mars xunto con The Receiving End of Sirens, Cobra Starship e Rock Kills Kid. A principios do 2007 Head Automatica tocou con Jack's Mannequin, We Are The Fury e theAudition.

O 18 de decembro do 2008 a banda apareceu nun sketch do programa de televisión The Tonight Show with Jay Leno. En maio do 2009 Palumbo confirmou que Head Automatica rematara de traballar no seu terceiro álbum de estudio, titulado Swan Damage, e que neses intrers estaban mesturándoo.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Decadence 2004 Warner Bros. Records
Popaganda 2006 Warner Bros. Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]