The Used
| The Used | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Discografía
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
The Used é unha banda estadounidense de rock formada en Orem, Utah no ano 2001. O grupo está composto polo vocalista Bert McCracken, o guitarrista Justin Shekoski, o baixista Jeph Howard e o batería Dan Whitesides.
O grupo asinou con Reprise Records e chegou á fama en xuño de 2002 tras o seu álbum de estrea, The Used. A este seguíronlle In Love and Death en setembro de 2004 e Lies for the Liars en maio de 2007. Shallow Believer, un EP que contaba coa meirande parte das caras b da banda, lanzouse en febreiro de 2008. Ese ano pasárono traballando no seu cuarto álbum, Artwork, que sería publicado en agosto de 2009.[1] O seu quinto traballo, Vulnerable, apareceu en marzo de 2012 a través do selo independente Hopeless Records. No verán de 2013 lanzaron outro EP titulado The Ocean of the Sky. O seu sexto álbum, Imaginary Enemy, editouse en abril de 2014 e o sétimo, The Canyon, o 27 de outubro de 2017.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| The Used | 2002 | Reprise Records |
| In Love and Death | 2004 | Reprise Records |
| Lies for the Liars | 2007 | Reprise Records |
| Artwork | 2009 | Reprise Records |
| Vulnerable | 2012 | Hopeless Records |
| Imaginary Enemy | 2014 | Hopeless Records, GAS Union |
| The Canyon | 2017 | Hopeless Records |
| Heartwork | 2020 | Big Noise |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Used (ed.). "Artwork release date 8/31". Archived from the original on 10 de decembro de 2011. Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Apple Music (ed.). "The Canyon". Consultado o 26 de decembro de 2017.