Hay Day

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hay Day
Desenvolvedor(es)Supercell
Versión1.47.96
Lanzamento21 de xuño de 2012
XéneroSimulación
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Plataforma(s)Android, iOS
RequisitosiOS 9.0.0 o versión superior (iPhone, iPad e iPod Touch).
Android 4.1.0 o versión superior.
É requirida unha conexión de rede.
SerieXogos de Supercell
Na rede
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]

Hay Day é un videoxogo para móbiles tipo freemium de agricultura desenvolvido e publicado por Supercell. Hay Day foi lanzado[1] para iOS o 21 de xuño do 2012 e para Android o 20 de novembro do 2013. Segundo un informe de 2013, Supercell gañou[2] 30 millóns de dólares ao mes grazas a Hay Day e a Clash of Clans, outro xogo creado por Supercell. No 2013, Hay Day foi o cuarto xogo máis alto en ingresos xerados[3].

Trama[editar | editar a fonte]

O tío do xogador decide xubilarse e deixar unha granxa, pero le ofrece ao xogador a oportunidade de quedársela e cuidarla. O xogo comenza coa presentación dun espantallo que ensina ao xogador acerca da colleita do trigo. Ao vender cultivos e produtos, o xogador gañará moedas que poderán usarse para comprar edificios de produción, mascotas e artigos de decoración. Ao facelo, tamén obterá puntos de experiencia (EXP), que permiten subir de nivel. A medida que avance o xogo, Angus, un amigo do tío do xogador, será introducido na trama e ensínalle sobre a pesca.

Os xogadores poden agruparse en "veciñanzas", onde os membros poden axudarse mutuamente cando o necesiten, conversar entre eles ou doar artigos, entre outros. Só poderán doar 20 obxectos ao día e pedir cousas cada 12 horas.

Xogabilidade[editar | editar a fonte]

Varios cultivos son desbloqueados nas diferentes etapas do xogo; cultivos como o trigo e os plátanos, e árbores froiteiras e arbustos. O xogador tamén pode comprar animais de granxa, pescar e capturar animais acuáticos como peixes, lagostas e patos; e comprar animais de compañía que deben ser alimentados para obter EXP. O xogador tamén pode aumentar os terreos da súa granxa noutras etapas.

Recepción[editar | editar a fonte]

Publicación Cualificación
Gamezebo 4.5/5 estrelas[4]
Metacritic 67/100[5]
Pocket Gamer 4.5/5 estrelas[6]

Pocket Gamer[7] outorgoulle un premio de bronce. Na Google Play[8] ten unha recepción de 4,5 sobre 5 e na App Store[9] ten unha recepción de 4,5 sobre 5.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hay Day dispoñible para Android!". Forum Supercell (en inglés). 20 de novembro do 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2020. 
  2. "Supercell gaña 30 millóns de dólares ao mes". International Business Times (en inglés). 12 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2020. 
  3. "Por qué os xogos gratuítos son cada vez máis as aplicacións máis rendibles?". Quartz (en inglés). 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2020. 
  4. "Revisión de Hay Day". Gamezebo (en inglés). 3 de xullo de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2020. 
  5. "Hay Day (iOS)". Metacritic (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  6. "Análise de Hay Day". Pocket Gamer (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  7. "Análise de Hay Day". Pocket Gamer (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  8. "Hay Day na Google Play". Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  9. "Hay Day na App Store" (en español). Consultado o 6 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]