Hastings Banda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ny) Akim Kamnkhwala Mtunthama Banda 1896 ↔ 1898 Kasungu (Protetorado Britânico da África Central) |
Morte | 25 de novembro de 1997 (97/107 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Presidente de Malawi | |
6 de xullo de 1966 – 24 de maio de 1994 ← sen valor – Bakili Muluzi → | |
Lista de chefes de governo do Malawi (pt) | |
6 de xullo de 1964 – 6 de xullo de 1966 ← sen valor – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa de Escocia |
Educación | Universidade de Edimburgo Meharry Medical College (en) Universidade de Chicago Central State University (en) Wilberforce University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | político, diplomático, médico |
Partido político | Partido do Congresso do Malawi (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Lista de Ditadores de SourceWatch Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) |
Hastings Kamuzu Banda, nado preto de Kasungu en marzo ou abril de 1898 e finado en Xohanesburgo o 25 de novembro de 1997, foi un médico[1] e político que chegou a ser o primeiro presidente de Malaui. Gobernou dende o 6 de xullo de 1966 ata maio de 1994. Tamén foi primeiro ministro do país entre 1964 e 1966.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Banda realizou gran parte dos seus estudos no estranxeiro e volveu ao seu país en 1958, denunciando o colonialismo.[2] Despois de conflitos de partidarios da independencia e as autoridades coloniais, Banda foi encarcerado en 1959. Ese mesmo ano fundou o Partido do Congreso de Malaui (Malawi Congress Party, MCP).[2]
Coa independencia do país o 6 de xullo de 1964, Banda converteuse no primeiro ministro durante os dous primeiros anos. En 1966 converteuse en presidente e a partir de 1971, foi presidente vitalicio. Banda suprimiu toda a oposición e encarcerou os seus líderes.[2]
Na política interior, favoreceu unha forma de tribalismo.[3] Como líder do bloque prooccidental en África recibiu apoio de Occidente durante a guerra fría.[4] En xeral, apoiou os dereitos das mulleres, mellorou as infraestruturas do país e mantivo un bo sistema educativo en relación con outros país africanos. Non obstante, presidiu un dos réximes máis brutais de África. O seu goberno totalitario torturou e asasinou opositores políticos. Os grupos de apoio aos dereitos humanos estiman que polo menos 6000 persoas foron asasinadas, torturadas e encarceradas sen xuízo.[5] Segundo estimacións puideron ser 18 000 persoas as asasinadas.[6][7] Foi desprezado por manter relacións diplomáticas totais coa Suráfrica da era do apartheid.
En 1993 enfrontouse á presión internacional e as amplas protestas. Un referendo acabou co sistema unipartidista e unha asemblea especial puxo fin á súa presidencia vitalicia, retirándolle a maioría dos seus poderes. Presentouse como candidato ás eleccións presidenciais de 1994, nas que foi derrotado. Banda faleceu nun hospital de Suráfrica en 1997. Estímase que a fortuna persoal que acumulou durante os anos que gobernou superaba os 320 millóns de dólares estadounidenses.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PubMedCentral.gov - British Medical Journal 1998 March 14; 316(7134): 868.". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 BBC News | Africa | Country Profiles: Malawi
- ↑ Boukari-Yabara, Amzat (2017). La Découverte, ed. Une histoire du panafricanisme. p. 310.
- ↑ Kalinga, Owen J. M. (2012). Historical Dictionary of Malawi, Fourth Edition, p. 12
- ↑ Malawi Tries Ex-Dictator in Murder : Africa: Aging autocrat is one of few among continent's tyrants to face justice for regime's abuses, 21 de maio de 1995 L.A. Times.
- ↑ 17 de maio de 1994 Denver Rocky Mountain News
- ↑ 3 de decembro de 1997 Dallas Morning News
- ↑ "African Dictators - Kamuzu Banda: The Control-Freak". PoliticalArticles.Net. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2008. Consultado o 22 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hastings Banda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Banda, Hastings Kamuzu". Oxford Dictionary of National Biography (2004 ed.).
- Hulec, Otakar e Jaroslav Olša, jr (2008). Dějiny Zimbabwe, Zambie a Malawi (in Czech, translation of title: History of Zimbabwe, Zambia and Malawi), Nakladatelství Lidové noviny.
- Lwanda, John Lloyd, (1993). Kamuzu Banda of Malawi: A Study in Promise, Power, and Paralysis, Dudu Nsomba Publications.
- Meredith, Martin (2005). The Fate of Africa: From the Hopes of Freedom to the Heart of Despair, Public Affairs.
- Muluzi, Bakili (with Yusuf M. Juwayeyi, Mercy Makhambera, Desmond D. Phiri), (1999). Democracy with a Price: The History of Malawi since 1900. Jhango Heinemann, Blantyre.
- Mwakikagile, Godfrey, (2006). Africa After Independence: Realities of Nationhood. Johannesburg, South Africa: Continental Press.
- Ross, Andrew C. (2009). Colonialism to cabinet crisis: a political history of Malawi, African Books Collective, 2009 ISBN 99908-87-75-6. This gives extensive biographical detail on Hastings Banda.
- Rotberg, Robert I, (1965). The Rise of Nationalism in Central Africa. Cambridge: Harvard University Press.
- Shaw, Karl (2005) [2004]. Power Mad! [Šílenství mocných] (en Czech). Praha: Metafora. ISBN 80-7359-002-6.
- Short, Philip (1974). Banda. Londres: Routledge & Kegan Paul.
- van Donge, Jan Kees (1995). Kamuzu's legacy: the democratisation of Malawi. African Affairs, Vol 94, No 375.
- Williams, T. David (1978). Malawi, the Politics of Despair. Cornell University Press.