Harold Wethey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1902 Port Byron, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 22 de setembro de 1984 (81 anos) Ann Arbor, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Universidade Cornell |
Actividade | |
Ocupación | historiador da arte, historiador, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Míchigan |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Harold Edwin Wethey, nado en Port Byron (no estado de Nova York) o 4 de outubro de 1902 e finado en Ann Arbor (Míchigan) o 22 de setembro de 1984,[1] foi un destacado historiador da arte estadounidense, especialista na vida e na obra de El Greco .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse na Universidade Cornell e recibiu o doutoramento na Universidade de Harvard, onde traballou coma profesor. Impartiu clases no Bryn Mawr College e na Washington University en St. Louis, Missouri antes de ingresar na facultade da Universidade de Míchigan en 1940, onde deu clases ata a súa xubilación en 1972 e onde chegou a ser o xefe do Departamento de Belas Artes.
Entre as súas obras académicas máis destacadas destacan Colonial Architecture and Sculpture in Peru,[2] El Greco and His School[3] (dous volumes), Alonso Cano: a study of the 17th century Spanish painter[4] e tres volumes sobre Tiziano.[5] Tamén contribuíu con tres artigos á Enciclopedia británica: "El Greco",[6] "Titian" e "History of Western Architecture".
Como especialista de El Greco, publicou en 1962 El Greco and His School, un traballo que tivo un grande impacto nos círculos académicos de todo o mundo. Tamén contribuíu a crear un amplo catálogo razoado de obras do pintor, que anos despois ampliaría José Álvarez Lopera.
O estudo sobre El Greco
[editar | editar a fonte]A publicación de El Greco and His School en 1962 ocasionou unha gran resonancia en círculos especializados. En 1937, un estudo do historiador da arte Rodolfo Pallucchini tivo como efecto incrementar, se xeito importante, o número de obras atribuídas a El Greco. Entre outras, Palluchini atribuíulle un pequeno tríptico da Galleria Estense en Módena, por mor dunha sinatura visible na cara traseira do panel central do tríptico (Χείρ Δομήνιχου, feito das mans de Doménicos). Houbo consenso en que o tríptico era unha obra temperá de El Greco e, polo tanto, a publicación de Pallucchini houbo se converter no criterio para as atribucións ao artista. Con todo, cando Wethey publica a súa obra de 1962, El Greco and His School, presentou un catálogo razoado moito máis restritivo e negou que o Tríptico de Módena, tivera que ver co artista cretense. Mentres que o historiador da arte José Camón Aznar atribuíu entre 787 e 829 pinturas a El Greco, Wethey reduce este número a 285 e Halldor Sœhner, especialista alemán en arte español, recoñece só 137.[7] Wethey e outros eruditos rexeitan a idea de que a súa orixe en Creta tivera relevancia algunha na súa formación e apoiaban a eliminación dun feixe de obras de El Greco.[8]
Dende 1962, o descubrimento da Dormición da Virxe e o estudo de documentos de época por Nikolaos Panayotakis, Pandelis Prevelakis e María Constantoudaki, convenceron gradualmente á comunidade académica de que a opinión de Wethey de que El Greco non producira nada en Creta, xa non era admisible. O descubrimento desta Dormición supuxo a atribución doutras tres obras asinadas por Doménicos a El Greco (o Tríptico de Módena, San Lucas pintando a Virxe e o Neno e a Adoración dos Reis Magos), e tamén a atribución de máis de pinturas, asinadas ou non, como A paixón de Cristo (Pietà con Anxos), pintadas en 1566 e recoñecidas como obras iniciais de El Greco.
Wethey, finalmente, aceptou a idea de que "probabelmente, El Greco foi o pequeno e moi disputado tríptico da Galleria Estense antes de abandonar Creta".[9] No entanto, as controversias sobre o número de obras nunca se resolveron.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Harold E. Wethey". nytimes.com (en inglés). 28 de setembro de 1984. Consultado o 24-2-2020.
- ↑ Wethey, Harold E. (1949). Colonial Architecture and Sculpture in Peru (en inglés). Harvard U.P. - Oxford U.P. ISBN 0-8371-4080-3.
- ↑ Wethey, Harold E. (1962). El Greco and His School (en inglés). Princeton University Press. ASIN B0007DNZV6.
- ↑ Wethey, Harold E. (1955). Alonso Cano: Painter, Sculptor, Architect (en inglés). Princeton University Press. ASIN B0007DEUTM.
- ↑ Wethey, Harold E. (1969-1975). The Paintings of Titian, Complete Edition (en inglés). I-III. Londres: Phaidon.
- ↑ Wethey, Harold E. (1-1-2020). "El Greco" (en inglés). Consultado o 24-2-2020.
- ↑ Cormack, Robin (agosto 2005). "The Baptism of Christ New Light on Early El Greco". Apollo: The international magazine of arts (522): 34–41. ISSN 0003-6536.
- ↑ Arslan, Edoardo (1964). "Cronisteria del Greco Madonnero". Commentari: Rivista di critica e storia dell'arte XV (5): 213–231. OCLC 238895359.
- ↑ Wethey, Harold E. (1984). "El Greco in Rome and the Portrait of Vincenzo Anastag". Studies in the History of Art I (13): 171–178. ISSN 0091-7338. JSTOR 42617974.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Dialnet
- Libros de Harold Wethey (Fonte: WorldCat)