Saltar ao contido

Haroldo II de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Harold Godwinson»)
Modelo:BiografíaHaroldo II de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ang) Harold Godƿinson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1022 Editar o valor en Wikidata
Essex, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1066 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Hastings, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWaltham Abbey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Inglaterra
5 de xaneiro de 1066 – 14 de outubro de 1066 (finado no cargo)
← Eduardo o ConfesorGuillerme I de Inglaterra → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Hastings
Batalla de Stamford Bridge Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Godwin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEdite de Mércia (1064 (Gregoriano)–)
Edith Swanneck Editar o valor en Wikidata
FillosEdmund, son of Harold Godwinson
 () Edith Swanneck
Godwin, son of Harold Godwinson
 () Edith Swanneck
Magnus, son of Harold Godwinson
 () Edith Swanneck
Gytha of Wessex
 () Edith Swanneck
Gunhild of Wessex
 () Edith Swanneck
Harold, son of Harold Godwinson
 () Edite de Mércia
Ulf, son of Harold Godwinson
 () Edith Swanneck Editar o valor en Wikidata
PaisGodwin, Conde de Wessex Editar o valor en Wikidata  e Gytha Thorkelsdóttir Editar o valor en Wikidata
IrmánsEdite de Wessex
Leofivino
Gurt
Sweyn Godwinson
Wulfnoth Godwinson
Tostig Godwinson Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wessex-292 Find a Grave: 9971 Editar o valor en Wikidata

Haroldo ou Harold II de Inglaterra, tamén chamado Harold II ou Harold o Saxón (1022-1066), foi o último rei saxón de Inglaterra. Morreu e perdeu o seu reino o 14 de outubro de 1066 na Batalla de Hastings, loitando contra Guillerme de Normandía, futuro Guillerme I de Inglaterra (primeiro rei normando de Inglaterra). O seu curto reinado durou menos de dez meses, dende a súa coroación o 5 de xaneiro de 1066 até a dita batalla. Antes de ser rei era coñecido como Harold Godwinson, en referencia ao seu pai.

Rei de Inglaterra

[editar | editar a fonte]
O paso do cometa Halley sobre Inglaterra en 1066, representado no tapiz de Bayeux, interpretouse como un mal augurio para o reinado de Haroldo II.

Eduardo o Confesor morreu o 5 de xaneiro de 1066. No mesmo leito de morte, o Witenagemot, a asemblea de notables que axudaba ao rei no goberno, recoñeceu a Haroldo como o novo rei de Inglaterra, reinando como Haroldo II. Poucos días despois da súa coroación, o cometa Halley foi visible en toda Inglaterra, o que se considerou un mal augurio para o novo reinado que se iniciaba.

Os rivais de Haroldo non quedaron faltos de resposta ante a súa coroación. Co fin de reconciliarse no último momento co seu irmán, Haroldo ofreceu a Tostig un terzo de Inglaterra. Tostig preguntoulle entón canto lle daría ao rei de Noruega, ao que Haroldo lle respondeu dicindo: Seis pés de terreo son moitos máis dos que el necesita, a pesar de que el é máis alto que a maioría dos homes. Tostig rexeitou a oferta e decidiu apoiar a invasión norueguesa que se aveciñaba, comandada polo propio rei Harald III e o seu fillo Olaf. Non obstante, na batalla de Stamford Bridge, preto de York (librada o 25 de setembro de 1066), os huscarles de Haroldo conseguiron destruír a maior parte das forzas invasoras, matando 4.500 noruegueses, entre os que se encontraban Tostig e Harald III Haardrade. O fillo deste, Olaf, foi feito prisioneiro e Haroldo só lle permitiu volver á súa patria tras asinar unha declaración na que prometía non invadir Inglaterra xamais.

Quedaba ocuparse de Guillerme. O duque de Normandía fixera unha campaña masiva en contra de Haroldo, ao que definiu como un home sen honra por faltar ao seu xuramento. Esgrimindo este a promesa que Eduardo lle fixera en 1052, Guillerme formou un exército de 7.000 homes e unha frota invasora de 600 naves que arribaron ao sur de Inglaterra o 28 de setembro, apenas tres días despois da batalla sobre a ponte de Stamford. Co fin de bloquear a marcha de Guillerme cara a Londres, Haroldo descendeu co seu exército ás présas ata saírlle ao paso nas proximidades de Hastings (14 de outubro de 1066). Durante os momentos iniciais da batalla, Haroldo levou as de gañar, pero perdeu o control sobre as súas tropas e non puido dominar o contraataque normando. Morreu loitando xunto aos seus homes en plena batalla. O Tapiz de Bayeux, tecido para conmemorar a vitoria normanda, reflicte a Haroldo morrendo tras sufrir o impacto dunha frecha nun ollo. Non se pode asegurar que tal feito acontecese realmente, e probablemente sexa un engadido para reflectir o prexuízo de Haroldo. Durante a Idade Media, a morte polo impacto dunha frecha na cabeza estaba asociada popularmente á falta da palabra.

Fose unha frecha ou unha espada a causante da súa morte, o certo é que a súa cabeza quedou esnaquizada tras a batalla, pero o seu cadáver puido ser recoñecido por unha mancha de nacemento. Foi enterrado na abadía de Waltham, en Essex, con honras reais. O sepulcro perdeuse hoxe en día e ninguén sabe onde repousan os seus restos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Eduardo o Confesor
Rei de Inglaterra
1066
Sucesor:
Edgar Atheling (elixido polo Witenagemot, mais nunca coroado)
Guillerme o Conquistador