Hans Staden é un filmebrasileiro e portugués de 1999, de xénero drámatico e biográfico, escrito, producido e dirixido por Luiz Alberto Pereira en base á obra Warhaftige Historia und beschreibung eyner Landtschafft der Wilden Nacketen, Grimmigen Menschfresser-Leuthen in der Newenwelt America gelegen de Hans Staden. Foi distribuído por RioFilme.[1]
O equipo de produción visitou Portugal por dez días para conseguir unha réplica da carabela portuguesa en tamaño real usada no filme.[2] As escenas con chuvia real foron filmadas en Ubatuba, na costa do estado de São Paulo, onde o filme foi rodado e tamén nesa cidade foi construída unha réplica dunha auténtica aldeatupinamba do século XVI.[3][2] Na aldea, a rodaxe durou 32 días.[2] A produción contou cun lingüista e filólogo da lingua tupíEduardo de Almeida Navarro, quen ensinou a gramática ao elenco.[2] A lingua falada polos tupinambas do século XVI foi auxiliada polo lingüista Helder Ferreira, que deu apoio ao elenco en aspectos como a aprendizaxe e a pronuncia.[3] O canto e a danza dos indios, reproducidos no filme, foron desenvolvidos por Marlui Miranda, compositora da música principal e importante investigadora dos rituais indíxenas brasileiros.[3] Varios membros de pobos indíxenas do Brasil como os xavante, os kadiwéu, os mundurucús, os quechuas e os guaranís, participaron do filme.[3]