Hanna K. Korany
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 Kfarshima, Líbano (en) |
Morte | 1898 (27/28 anos) Kfarshima, Líbano (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Hanna K. Korany, (árabe: هنا كسباني كوراني), nada en Kfrashima (distrito de Baabda) en 1870 e finada en Beirut en 1898[1], foi unha escritora do Imperio Otomán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na rexión do Monte Líbano, no actual Líbano. Educouse en Beirut nunha escola feminina de misioneiros presbiterianos.
En 1891 publicou en lingua árabe o libro Manners and Habits.[2] Escribiu outra novela tamén en árabe, e foi etiquetada de forma prematura como "a George Eliot de Siria" nun xornal estadounidense.[3]
En 1893 foi invitada por Bertha Palmer para representar Siria no Congreso Mundial de Mulleres Representativas (World's Congress of Representative Women),[4], evento relacionado coa Exposición Mundial Colombina celebrada en Chicago nese ano.[5] Na feira amosou bordados e traballos manuais das mulleres sirias. Escribiu sobre o congreso na revista feminina exipcia Al Fatat,[6] e escribiu o ensaio The Glory of Womanhood para a publicación do Congreso das Mulleres[7] Rematado o Congreso fixo unha xira de conferencias polos Estados Unidos[8].
En 1894 asistiu á convención anual da National American Woman Suffrage Association en Washington, D. C.,[9], e falou nunha cea canda a Elizabeth Cady Stanton, Susan B. Anthony, Lillie Devereux Blake e May Wright Sewall.[10] En 1896 estableceu un club de mulleres en Beirut.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1887 casou con Amin Effendi Korany.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Death List of a Day: Mme. Hanna K. Korany". New York Times (en inglés). 2 de agosto de 1898. p. 7.
- ↑ Fannie C. W. Barbour (Agosto de 1894). "Madame Hanna K. Korany, the Most Famous Syrian Woman of the Day". The Chautauquan' (en inglés) (614).
- ↑ "The George Eliot of Syria". Herald Democrat (Colorado Historic Newspapers Collection). 20 de decembro de 1894. p. 2.
- ↑ Hanna K. Korany (1894). "The Position of Women in Syria". En May Wright Sewall. The World's Congress of Representative Women. Rand McNally. pp. 773–777.
- ↑ "A Fair Visitor from Syria". New York Times. 20 de febreiro de 1894. p. 6.
- ↑ Marilyn Booth (2015). Classes of Ladies of Cloistered Spaces: Writing Feminist History through Biography in Fin-de-Siècle Egypt. Edinburgh University Press. ISBN 9781474403412.
- ↑ Hannah K. Korany (1894). "The Glory of Womanhood". En Mary Kavanaugh Oldham Eagle. The Congress of Women: Held in the Woman's Building, World's Columbian Exposition, Chicago, U. S. A., 1893. Monarch Book Company. pp. 359–360.
- ↑ "Some Facts About Syria". Brooklyn Daily Eagle (Newspapers.com). 24 de marzo de 1894. p. 10.
- ↑ "Program: National American Woman Suffrage Association twenty-sixth annual convention, Washington, D.C. February 15 to 20, 1894". Ann Lewis Women's Suffrage Collection.
- ↑ "Prominent Women Dine". New York Times. 23 de decembro de 1894. p. 16.
- ↑ "A Syrian Woman's Club". The St. Bernard Voice (Newspapers.com). 19 de setembro de 1896. p. 4.