Handré Pollard
Handré Pollard | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de marzo de 1994 |
Lugar de nacemento | Somerset West |
Nacionalidade | Suráfrica |
Alma máter | Paarl Gimnasium e Universidade de Pretória |
Ocupación | xogador de rugby |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Handré Pollard, nado en Somerset West o 11 de marzo de 1994, é un xogador surafricano de rugby. Actualmente xoga nos Sprigboks, nos Bulls da Super Rugby e no NTT Docomo Red Hurricanes da Top League xaponesa. A súa posición no campo é de medio apertura ou de centro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En categorías inferiores, o rapaz xa foi seleccionado por Western Province, o equipo da súa provincia. No 2013 converteuse en profesional e pasou a xogar nos Blue Bulls. No 2014 tamén comezou a xogar nos Bulls do Super Rugby. Xa no ano 2015, Handré firmou cos NTT Docomo Red Hurricanes da Top League do Xapón.
En canto á conxunto nacional, Pollard foi debutou por primeira vez cos Springboks absolutos o 28 de xuño de 2014 nun partido amigábel conta Escocia. Tamén formou parte da selección no Rugby Championship 2014, Rugby Championship 2015 e na Copa do Mundo de Rugby 2015. Xa dende o seu comezo, Pollard é o pateador de conversións e golpes de castigo do equipo.