Han Wudi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Han Wudi
漢武帝.jpg
Nome completoLiu Che
Nacemento7 de xuño de 156 a. C.
Lugar de nacementoChangan
Falecemento29 de marzo de 87 a. C.
Lugar de falecementoChangan
NacionalidadeWestern Han
EtniaPobo han
Ocupaciónpoeta
PaiImperador Jing de Han
NaiImperatriz Wang Zhi
CónxuxeImperatriz Chen Jiao, Imperatriz Wei Zifu, Lady Wang, Li Ji, Li Furen, Lady Yin, Xing Xing'e e Lady Gouyi
FillosLiu Ju, Zhaodi, Liu Hong, Liu Dan, Liu Xu, Liu Bo, princess Weichang, princess Zhuyi, princess Shiyi, princess Eyi, princess Yangshi e princess Yian
IrmánsPrincess Pingyang, Princess Nangong, Princess Longlü, Jin Su, Liu Rong, Liu Pengzu, Liu Cheng, Liu Ji, Liu De, Liu Fa, Liu Shun, Liu Yue, Liu Eyu, Liu Fei, Prince of Jiangdu, Liu Sheng, Liu Yu e Liu Duan
Na rede
Musicbrainz: 34ea16f4-dc65-43a6-96a2-4106d24777ac Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Han Wudi nado o 156 a. C. e finado o 29 de marzo de 87 a. C., foi o sexto emperador da dinastía Han de China.[1]

Nomes[editar | editar a fonte]

Han Wudi literalmente significa "emperador Wu -guerreiro- dos Han", en chinés tradicional 漢武帝, chinés simplificado 汉武帝, pinyin Hànwǔdì, Wade-Giles Wu Ti); tamén era chamado Wu de Han, nado como Liu Che (劉徹).

O uso de "Han" (漢) como parte do nome é unha referencia á dinastía Han da que foi parte.

Poesía yuefu[editar | editar a fonte]

Han Wudi foi un mecenas da literatura e hai varios poemas atribuídos a el[2]. Facilitou un renacemento do Chu ci, a poesía no estilo do antigo reino de Chu na primeira metade do seu reinado, en parte debido ao seu parente Liu An. Empregou poetas e músicos para escribir letras e compoñer melodías e patrocinou coreógrafos e xamáns para organizar movementos de danza e coordinar o espiritual e o mundano. As actuacións resultantes eran rituais de luxo, algúns nocturnos onde cantantes, músicos e bailaríns actuaban coa iluminación proporcionada por miles de fachos.

Unha das principais contribucións do emperador foi a través da Oficina de Música Imperial (yuefu), creada ou ampliada por el. As súas tarefas eran recoller cancións populares, adaptalas e orquestrarlas, así como elaborar material novo. A institución non só recolleu cancións e baladas chinesas, senón tamén cancións baseadas en melodías de Asia Central, con letras novas. Desenvolveuse a transmisión dun estilo particular de poesía, que pasou a ser coñecido como yuefu.

Goberno[editar | editar a fonte]

Gobernou entre o 141 e o 87 a. C. É lembrado principalmente pola gran expansión territorial que tivo lugar baixo o seu reinado, así como polo potente e centralizado Estado confuciano que organizou.[3] É citado na historia chinesa como un dos máis grandes emperadores xunto co emperador Taizong da Dinastía Tang e o emperador Kangxi da Dinastía Qing.

Predecesor:
Jing de Han
Emperador da China
141 – 87 a. C.
Sucesor:
Zhao de Han

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paludan, 36
  2. Rexroth, Kenneth (1970). Love and the turning year; one hundred more poems from the Chinese. [New York, New Directions Pub. Corp.] ISBN 978-0-8112-0179-7. 
  3. Pollard, Elizabeth (2015). Worlds Together Worlds Apart. 500 Fifth Avenue, New York, N. Y. 10110: W. W. Norton & Company, Inc. p. 238. ISBN 978-0-393-91847-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Paludan, Ann (1998). Chronicle of the Chinese Emperors: The Reign-by-Reign Record of the Rulers of Imperial China. New York, New York: Thames and Hudson. ISBN 0-500-05090-2

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]