Asdrúbal Barca
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Asdrúbal.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 245 a. C. Cartago |
| Morte | 207 a. C. Rio Metauro |
| Causa da morte | morte en combate, decapitación |
| Actividade | |
| Ocupación | military leader (en) |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Antiga Cartago |
| Rama militar | Exército de Cartago |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Púnica Batalha de Cissa (pt) Batalha do rio Ebro (pt) Batalha do Bétis Superior (pt) Batalla de Baecula Batalha do Metauro (pt) batalla de Cannas |
| Familia | |
| Pai | Hamílcar Barca |
| Irmáns | terceira filla de Hamílcar Barca Haníbal Magón Barca filla máis vella de Hamílcar Barca segunda filla de Hamílcar Barca |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Enciclopedia militar Sytin Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Asdrúbal Barca, nado en 245 a. C. en Cartago e finado preto do río Metauro en 207 a. C., foi un xeneral da Antiga Cartago, fillo de Hamílcar Barca e irmán de Haníbal e Mago Barca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi levado polo seu pai a Hispania no 237 a. C. e converteuse no xefe do exército cartaxinés en Hispania no 218 a. C. Cando Haníbal invadiu Italia, Asdrúbal permaneceu á fronte da Península Ibérica, combatendo entre os anos 218 a. C. e 208 a. C. contra o exército de Publio Cornelio Escipión. Neste ano marchou a Italia para relevar a Haníbal, pero foi interceptado polo exército romano no Metauro sendo derrotado e morto no 207 a. C.