Haltere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Este artigo trata dunha peza de equipamento deportivo; non confundir con halterio, termo de zooloxía.

Haltere fixo, cunha masa de 4 kg.
Haltere axustábel con porcas.

Un haltere[1] é unha peza de equipamento deportivo utilizado en musculación. Consiste nunha masa que pode ser sostida nunha man. Durante moito tempo estes pesos foron utilizados, por pares, por loitadores, culturistas, atletas e por persoas que desexan aumentar a forza e o volume dos seus músculos en xeral.[2]

As halteras modernas poden ser de metal, de PVC ou doutros materiais. Tamén poden suxeitarse con velcro[3] (marca rexistrada), sistema constituído por dúas tiras de tea diferentes que se unen por presión e se separan por tracción, unido aos pulsos ou aos nocellos.

Historia[editar | editar a fonte]

Haltere da Grecia antiga. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.

Os halteres eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes. Poe exemplo, eran usados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.[4][5][6]

No salto, os halteres levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueolóxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar o saltador ao chan.

A principios do século XVII xa existían halteres coa familiar forma de dous pesos iguais unidos por un eixo.

Tipos de halteres modernos[editar | editar a fonte]

Os halteres pódense dividir en tres tipos:

  • Halteres axustábeis: formadas por unha barra de metal cuxa parte central pode ser rugosa para mellorar o agarrado. Os pesos (discos) encáixanse nos extremos da barra e axústanse con clips ou porcas.
  • Halteres de peso fixo: son pesos creados con forma de haltere. Os máis caros fabrícanse con aceiro fundido, ás veces recuberto de goma por seguridade. Os de menor prezo adoitan estar fabricados en plástico e recheas de cemento.
  • Halteres "seleccionábeis": son halteres cuxo peso se pode cambiar de xeito mecánico mediante un dial ou outro medio. Isto fai moi sinxelo o troco de peso entre exercicios.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra haltere provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do verbo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').[7][8][9]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC a través de Buscartemos
  2. haltera 1 s f pl DEP Aparello ximnástico que consiste en dúas esferas macizas ou dous discos de metal unidos por unha barra. 2 s f HIST Cada un dos pesos de metal ou de pedra que os atletas collían coa man e cos que daban impulsos nos saltos de lonxitude na antiga Grecia. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  3. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. Gardiner, Norman (2002). "Athletics in the Ancient World". Dover (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  5. Pearl, Bill (2005). "Getting Stronger: Weight Training for Sports" (en inglés). Shelter. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  6. Miller, Stephen G. (2006). "Ancient Greek Athletics" (en inglés). Yale University Press. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  7. ἁλτῆρες
  8. ἅλλομαι
  9. ἅλμα

Véxase temén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]