Hala Aleksandar Nikolić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hala Pionir")
Hala Pionir
Hala Pionir Beograd.jpg
Datos
Localización Flag of Serbia.svg Belgrado, Serbia
Construción
Inauguración 24 de maio de 1973
Renovación 2011
Estadio
Capacidade 5.878 espectadores
Propietario SOE Tašmajdan SRC
Localía KK Partizan (NLB)
KK Crvena zvezda (NLB)
Eventos

O Hala Aleksandar Nikolić (serbio: Хала Александар Николић / Hala Aleksandar Nikolić), antes coñecido como Hala Pionir (Хала Пионир / Hala Pionir), é un pavillón deportivo situado na cidade de Belgrado, Serbia, na municipalidade de Palilula. A capacidade da cancha é de 5.878 espectadores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Pavillón Pionir Hall foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.

O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo. O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]