Haim
| Haim | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Caracterizado por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Discografía
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Premios | |||||||
|
Nomeamentos
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Haim é unha banda estadounidense de pop rock procedente dos Ánxeles, California. O grupo está composto polas irmáns Este Arielle, Danielle Sari e Alana Mychal Haim, xunto co batería Dash Hutton, fillo de Danny Hutton e anteriormente membro das bandas Wires on Fire e Slang Chicken. O son pop do seu traballo no estudio contrasta coa música máis aseada no rock dos seus directos.
As tres irmáns medraron nunha familia de músicos, e comezaron a tocar instrumentos a idades moi novas en bandas de versións cos seus pais. Comezaron a actuar como Haim en 2007, pero non consideraron seriamente a súa carreira profesional ata pasados uns anos. Este fixo un grao en Etnomusicoloxía, mentres que Danielle converteuse nunha exitosa guitarrista de xira Jenny Lewis e Julian Casablancas. Isto levou a que Haim se reactivase e pasase a ocupalas a tempo completo no ano 2012.
A primeira edición do grupo foi o EP Forever, publicado como descarga por tempo limitado. Grazas a unha boa recepción no festival South by South West, conseguiron un contrato discográfico con Polydor Records e a un de xestión co grupo Roc Nation de Jay-Z a mediados de 2012. A banda comezou a gravar mterial para o seu primeiro álbum, Days Are Gone, mentres xiraba, chegando a tocar no Glastonbury Festival. Days are Gone chegou ao top 10 en varios países, sendo número 1 no Reino Unido, e o grupo gañou varios premios cara finais do 2013. No ano 2014 atopábanse gravando o seu segundo álbum.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Days Are Gone | 2013 | Polydor, Columbia |
| Something to Tell You | 2017 | Polydor |
| Women in Music Pt. III | 2020 | Polydor, Vertigo Berlin, Columbia |
EPs
[editar | editar a fonte]- Forever - 2012 (National Anthem)
- iTunes Festival: London 2012 - 2012 (Polydor)
- iTunes Festival: London 2013 - 2013 (Polydor)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine.