Hado Lyria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hado Lyria, pseudónimo de Myriam Sumbulovich, nada en Laye (Francia) en 1940 e finada en Milán o 27 de abril de 2022, foi unha poeta, xornalista, tradutora e pintora española que viviu e traballou en Italia dende 1958.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hado Lyria naceu en Laye[1] en 1940 de nai catalá e pai sefardí orixinario de Saraxevo, Bosnia e Hercegovina.[2][3][4]

Dende nova probou coa pintura, primeiro nos EUA e despois en Italia, na Academia de Brera.[5]

Traduciu ao italiano a maioría das novelas de escritores como Manuel Vázquez Montalbán, Juan Marsé, Jorge Luis Borges ou Fernando Savater.

Gañou o Premio de Tradución Grinzane Cavour en 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hado Lyria" (PDF) (en castelán). novembre 1975. 
  2. "Toda palabra ya está escrita en el agua". 
  3. "LYRIA, Hado (Seudónimo de Myriam Sumbulovich) - Delenda (Poemas 1992-1997)". 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de maio de 2022. 
  5. "Hado Lyria" (PDF) (en castelán). novembre 1975.