Saltar ao contido

HMAS Supply (AOR1)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HMAS Supply
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Operador/a
Produción
 Fabricante
Características
 Tipo de embarcación
Dimensión
Anchura23 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude173,9 m Editar o valor en Wikidata
Tonelaxe bruto19.500 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
23 de novembro de 2018 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de creación
 País de rexistro
Wikidata

O HMAS Supply (A195) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.[1]

O HMAS Supply vén sendo o segundo buque na RAN que leva este nome, o anterior era o HMAS Supply (AO 195). A orixe está no nome dun dos once buques que formaban a primeira frota da colonia europea que en 1787 partiu de Inglaterra cara Nova Gales do Sur, actual Australia, con 1.487 persoas (dos cales 778 eran presos).[2]

O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción iniciouse o 19 de xuño de 2017 en Navantia Fene (Astano), sendo botado o 23 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]