HLA-E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HLA-E
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosHLA-E (HGNC: 4962) HLA-E, EA1.2, EA2.1, HLA-6.2, MHC, QA1
Identificadores
externos
LocusCr. 6 p22.1
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
3133 667803
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P13747 n/a
RefSeq
(ARNm)
NM_005516 NM_001271005
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_005507 n/a
Localización (UCSC)
Cr. 6:
30.49 – 30.49 Mb
Cr. 17:
36.42 – 36.42 Mb
PubMed (Busca)
3133


667803

O HLA-E (antíxeno de histocompatibilidade de clase I HLA, cadea alfa E, tamén coñecido como antíxeno MHC de clase I E) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene HLA-E do cromosoma 6.[1] O HLA-E humano é unha molécula do MHC de clase I non clásica que se caracteriza polo seu limitado polimorfismo e unha menor expresión na superficie das células que os seus parálogos clásicos. O homólogo funcional en ratos denomínase Qa-1b, agora coñecido oficialmente como H2-T23.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Como outras moléculas do MHC de clase I, o HLA-E é un heterodímero que consta dunha cadea pesada α e unha cadea lixeira (β-2 microglobulina). A cadea pesada é de aproximadamente 45 kDa e está ancorada á membrana. O xene HLA-E contén 8 exóns. O exón 1 codifica o péptido sinal, os exóns 2 e 3 codifican os dominios α1 e α2, polos cales se une ao péptido, o exón 4 codifica o dominio α3, o exón 5 codifica o dominio transmembrana, e os exóns 6 e 7 codifican a cola citoplasmática.[2]

Función[editar | editar a fonte]

O HLA-E ten un papel moi especializado no recoñecemento polas células asasinas naturais (células NK).[3] O HLA-E únese a un conxunto restrinxido de péptidos derivados dos péptidos sinal das moléculas do MHC de calse I clásicas, concretamente HLA-A, -B, -C e -G.[4] Estes péptidos libéranse da membrana do retículo endoplasmático (RE) pola acción da peptidase de péptido sinal e son recortados polo proteasoma citosólico.[5][6] Despois do seu transporte ao lume do RE polo transportador asociado co procesamento do antíxeno (TAP), estes péptidos únense a un suco de unión a péptidos que hai na molécula do HLA-E.[7] Isto permite que o HLA-E se ensamble correctamente e se exprese na superficie celular. As células NK recoñecen o complexo HLA-E + péptido usando o receptor heterodimérico CD94/NKG2A/B/C.[3] Cando interveñen o CD94/NKG2A ou o CD94/NKG2B, isto produce un efecto inhibitorio na actividade citotóxica da célula NK para impedir a lise celular. Porén, a unión do HLA-E a CD94/NKG2C (ver KLRC2) ten como resultado a activación da célula NK. Esta interacción viuse que orixina a expansión dos subconxuntos de células NK en respostas antivirais,[8] nas cales as células NK adaptativas que expresan CD94/NKG2C poden recoñecer especificamente antíxenos peptídicos derivados do citomegalovirus humano (HCMV).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mizuno S, Trapani JA, Koller BH, Dupont B, Yang SY (xuño de 1988). "Isolation and nucleotide sequence of a cDNA clone encoding a novel HLA class I gene". Journal of Immunology 140 (11): 4024–30. PMID 3131426. doi:10.4049/jimmunol.140.11.4024. 
  2. "Entrez Gene: HLA-E major histocompatibility complex, class I, E". 
  3. 3,0 3,1 Braud VM, Allan DS, O'Callaghan CA, Söderström K, D'Andrea A, Ogg GS, Lazetic S, Young NT, Bell JI, Phillips JH, Lanier LL, McMichael AJ (febreiro de 1998). "HLA-E binds to natural killer cell receptors CD94/NKG2A, B and C". Nature 391 (6669): 795–9. Bibcode:1998Natur.391..795B. PMID 9486650. doi:10.1038/35869. 
  4. Braud V, Jones EY, McMichael A (maio de 1997). "The human major histocompatibility complex class Ib molecule HLA-E binds signal sequence-derived peptides with primary anchor residues at positions 2 and 9". European Journal of Immunology 27 (5): 1164–9. PMID 9174606. doi:10.1002/eji.1830270517. 
  5. Lemberg MK, Bland FA, Weihofen A, Braud VM, Martoglio B (decembro de 2001). "Intramembrane proteolysis of signal peptides: an essential step in the generation of HLA-E epitopes". Journal of Immunology 167 (11): 6441–6. PMID 11714810. doi:10.4049/jimmunol.167.11.6441. 
  6. Bland FA, Lemberg MK, McMichael AJ, Martoglio B, Braud VM (setembro de 2003). "Requirement of the proteasome for the trimming of signal peptide-derived epitopes presented by the nonclassical major histocompatibility complex class I molecule HLA-E". The Journal of Biological Chemistry 278 (36): 33747–52. PMID 12821659. doi:10.1074/jbc.M305593200. 
  7. Braud VM, Allan DS, Wilson D, McMichael AJ (xaneiro de 1998). "TAP- and tapasin-dependent HLA-E surface expression correlates with the binding of an MHC class I leader peptide". Current Biology 8 (1): 1–10. Bibcode:1998CBio....8....1B. PMID 9427624. doi:10.1016/S0960-9822(98)70014-4. 
  8. Rölle A, Pollmann J, Ewen EM, Le VT, Halenius A, Hengel H, Cerwenka A (decembro de 2014). "IL-12-producing monocytes and HLA-E control HCMV-driven NKG2C+ NK cell expansion". The Journal of Clinical Investigation 124 (12): 5305–16. PMC 4348979. PMID 25384219. doi:10.1172/JCI77440. 
  9. Hammer Q, Rückert T, Borst EM, Dunst J, Haubner A, Durek P, Heinrich F, Gasparoni G, Babic M, Tomic A, Pietra G, Nienen M, Blau IW, Hofmann J, Na IK, Prinz I, Koenecke C, Hemmati P, Babel N, Arnold R, Walter J, Thurley K, Mashreghi MF, Messerle M, Romagnani C (maio de 2018). "Peptide-specific recognition of human cytomegalovirus strains controls adaptive natural killer cells.". Nature Immunology 19 (5): 453–463. PMID 29632329. doi:10.1038/s41590-018-0082-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kuby Immunology, 6ª edición, by Thomas J. Kindt, Richard A. Goldsby, and Barbara A. Kuby W. H. Freeman and Company, Nova York
  • Moretta L, Bottino C, Pende D, Mingari MC, Biassoni R, Moretta A (maio de 2002). "Human natural killer cells: their origin, receptors and function". European Journal of Immunology 32 (5): 1205–11. PMID 11981807. doi:10.1002/1521-4141(200205)32:5<1205::AID-IMMU1205>3.0.CO;2-Y. 
  • Jensen PE, Sullivan BA, Reed-Loisel LM, Weber DA (xuño de 2004). "Qa-1, a nonclassical class I histocompatibility molecule with roles in innate and adaptive immunity". Immunologic Research 29 (1–3): 81–92. PMID 15181272. doi:10.1385/IR:29:1-3:081.