Hédilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hédilo
Nacemento300 a. C.
 Atenas
Falecementoséculo III a. C.xuliano
NacionalidadeAntiga Atenas
EtniaGregos
Ocupaciónpoeta, escritor e epigrammatist
NaiHédile
editar datos en Wikidata ]

Hédilo (grego antigo: Ἥδυλος , Hēdylos) foi un poeta escritor de epigramas grego do século -III, nativo de Samos ou Atenas e fillo da poetisa Hédile e de Melicerto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus poemas incluíronse na Grilanda de Meleagro de Gadara (Proemio 45). Once deles forman parte da Antoloxía grega, pero é moi dubidoso que sexa o autor de dous deles, o IX e o X. A maioría dos seus epigramas eloxian o viño e todos eles son humorísticos. Nalgúns describe as ofrendas dedicadas ao templo de Arsínoe II, entre as que menciona o órgano hidráulico de Ctesibio. Sabemos que era contemporáneo e rival de Calímaco e amigo de Posidipo. Por tanto viviu durante o reinado de Ptolomeo II Filadelfo, e debe catalogarse na escola alexandrina de poetas. Segundo Ateneo, suicidouse por desamor dun tal Glauco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Poesía helenística menor (Poesía fragmentaria). Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-3225-1. 
  • Jacobs. Anthologia Graeca I.