Hédile
Aparencia
Nome orixinal | (grc) Ἡδύλη |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. ↔ século III a. C. |
Morte | século IV a. C. ↔ século II a. C. |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, epigramatista, escritora, poetisa elexíaca |
Período de actividade | (Con vida en: século IV a. C. ↔ século III a. C. ) |
Xénero artístico | Poesía iámbica |
Familia | |
Fillos | Hédilo |
Nai | Moschine |
Descrito pola fonte | Women Writers of Ancient Greece and Rome (en) Supplementum Hellenisticum. Ed. H. Lloyd-Jones and P. Parsons. (Texte und Kommentare, II.) Berlin and New York: de Gruyter. 1983. Pp. xxxii + 863. DM 525 (en) , (p.234) |
Hédile (grego antigo: Ἥδυλη , ‘suaviña’), século -IV, foi unha poetisa grega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecémola só por unha cita na obra de Ateneo Banquete dos eruditos[1][2]. Segundo Ateneo, Hédile era filla dunha poetisa ática chamada Mosquine, que polo demais é descoñecida, e nai de Hédilo, outro poeta[2]. Hédile probabelmente era ateniense como a súa nai[2].
O único fragmento conservado da poesía de Hédile consiste en dous dísticos e medio do seu poema elexíaco Escila, citado por Ateneo[2]. Duncan Lowe sostén que a versión do mito de Escila de Hédile foi a inspiración para a versión narrada nas metamorfoses do poeta latino Ovidio[3].