Håvard Nordtveit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Håvard Nordtveit
2012-07 Nordtveit.jpg
Nordtveit en xullo de 2012
Información persoal
Nome completo Håvard Nordtveit[1]
Nacemento 21 de xuño de 1990
Lugar Vats,
Altura 1.88 m.
Carreira xuvenil
1997–2003 Vats 94
2003–2005 Skjold
2006 Haugesund
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Haugesund 10 (0)
2007–2011 Arsenal 0 (0)
2008 Salamanca (cedido) 3 (0)
2009 Lillestrøm (cedido) 17 (0)
2009–2010 1. FC Nuremberg (cedido) 19 (0)
2011–2016 Borussia Mönchengladbach 152 (10)
2016– West Ham United 3 (0)
Selección nacional
2006 Norway U16 10 (1)
2007 Norway U17 7 (0)
2007–2008 Norway U18 4 (3)
2007–2009 Noruega sub-19 14 (0)
2008–2013 Noruega sub-21 24 (1)
2011– Noruega 29 (2)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 06:27, 19 de setembro de 2016 (UTC)
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 25 de setembro de 2016

Håvard Nordtveit, nado o 21 de xuño de 1990 en Vats, é un futbolista noruegués que xoga como defensa no West Ham United.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nordtveit comezou como xuvenil no Vats 94 e no Skjold. O 20 de agosto de 2006 converteuse no xogador máis novo en xogar co Haugesund.[2] Fichou polo Arsenal o 3 de xullo de 2007 por catro anos e debutou nun amigable contra o Barnet FC o 14 de xullo de 2007. Cedido na tempada 2008-2009 á UD Salamanca, pero logo de tres encontros volveu ao Arsenal. Xogou cedido desde o 10 de marzo de 2009 co Lillestrom SK a totalidade do final da tempada. Na tempada 2009-2010 foi como cedido ao 1.FC Nuremberg equipo da primeira división alemá. O 30 de decembro de 2010 fichou polo Borussia Mönchengladbach por tres anos e medio.[3] O 1 de xullo de 2016 pasou ao West Ham United nun contrato por cinco anos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Squads for 2016/17 Premier League confirmed". premierleague.com. 1 de setembro de 2016. 
  2. "Slipper Nordtveit til landslaget". Haugesund Avis. 22 de agosto de 2006. 
  3. "Wenger — Why I will let Nordtveit". arsenal.com. 31 de decembro de 2010. 
  4. "Hammers to sign Norway star Nordtveit". whufc.com. 16 de maio de 2016.