Gustaf Munch-Petersen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1912 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 2 de abril de 1938 (26 anos) batalla do Ebro, España |
Causa da morte | morto en combate |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escritor, poeta |
Carreira militar | |
Rama militar | Brigadas Internacionais |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Cónxuxe | Lisbet Munch-Petersen (1936–1938) Lisbet Munch-Petersen |
Fillos | Ursula Munch-Petersen () Lisbet Munch-Petersen |
Pais | Jon Julius Munch-Petersen e Valfrid Palmgren |
Gustav Munch-Petersen, nado en Copenhaguen o 18 de febreiro de 1912 e finado na Batalla do Ebro cando loitaba coas Brigadas Internacionais o 2 de abril de 1938, foi un escritor vangardista e pintor dinamarqués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Medrou no seo dunha familia acomodada. Foi fillo de Valfrid Palmgren, sueca de nacemento, profesora asociada de sueco na Universidade de Copenhaguen, e Jon Julius Munch-Petersen, profesor en investigación de Enxeñaría na Escola Politécnica, da capital dinamarquesa. Gustaf graduouse no instituto en 1930, iniciando despois varios cursos académicos, sen ningún que lograse captar o seu interese máis aló dun curto período. En troques, enfocouse na arte (apoiado economicamente polos pais), conseguindo debutar como escritor con Det nøgne menneske (O humano espido), en 1932.
Por outra banda, tamén logrou exhibir os seus cadros en diversas exposicións en 1932. En 1935 trasladouse á illa dinamarquesa de Bornholm, onde casou con Lise Hjort. En 1937 uniuse ás Brigadas Internacionais e pelexou na guerra civil española, onde, ao ano seguinte, morreu na Batalla do Ebro. Algúns lle acreditan o berro[Cómpre referencia]: «¡No pasarán!», da Resistencia antifascista. Munch-Petersen deixou á súa muller, un fillo e familia en Dinamarca.
O seu curmán, Arne Munch-Petersen, era un comunista que morreu nos anos 40 en Moscova, durante as purgas stalinistas.
Obra
[editar | editar a fonte]- det nøgne menneske (poesía, 1932)
- simon begynder (novela, 1933)
- det underste land (poesía, 1933)
- mod jerusalem (poesía, 1934)
- nitten digte (poesía, 1937)
- Udvalgte Digte (publicación póstuma, 1938)
- Udvalgte Digte (antoloxía, 1946)
- samlede skrifter (escritos reunidos, 1959)