Guillermo del Valle Ordieres
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Arroes, España (pt) |
Morte | 11 de agosto de 2001 (82/83 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Sada | |
Procurador en Cortes | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Guillermo del Valle Ordieres, nado en Arroes (Villaviciosa) en 1918 e finado na Coruña o 11 de agosto de 2001, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi fundador e organizador de Falange en Sada xunto con Miguel Pérez Sanjurjo. Foi nomeado xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Sada en setembro de 1941.[1] Foi concelleiro en Sada. Foi nomeado alcalde de Sada en 1949. Foi nomeado Inspector provincial do Movimiento en 1952,[2] e elixido procurador en Cortes en marzo de 1958.[3] Cesou como alcalde de Sada en 1964. Finou na Coruña o 11 de agosto de 2001.[4]
Predecesor: Miguel Pérez Sanjurjo |
Alcalde de Sada 1949 - 1964 |
Sucesor: Juan Fernández Arévalo |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Comendador da Orde do Mérito Civil.
- Medalla de Ouro da Orde de Cisneros.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Carmen Carballeira Guerra e foi pai de María del Carmen e Ana María del Valle Carballeira.