Miguel Pérez Sanjurjo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 Sada, España |
Morte | 13 de decembro de 1968 (69/70 anos) Sada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Miguel Pérez Sanjurjo, nado en Sada en 1898 e finado na mesma vila o 13 de decembro de 1968, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dono dunha panadería na rúa El Pedregal de Sada.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi fundador e organizador de Falange en Sada xunto con Guillermo del Valle Ordieres. Foi concelleiro en Sada. Foi nomeado alcalde de Sada en 1946. Cesou como alcalde de Sada en 1949. Finou en Sada o 13 de decembro de 1968.[2]
Predecesor: José María Fajardo de Andrade Prieto |
Alcalde de Sada 1946 - 1949 |
Sucesor: Guillermo del Valle Ordieres |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Verdía Bouza e foi pai de Miguel, Alfonso, Ramiro, Salvador, María Celia, Santiago e Manuela Pérez Verdía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Las dos Panaderías Sanjurjo
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-12-1968, p. 20.