Guillermo Márquez Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillermo Márquez Cruz
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Almería, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1991–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 117139

Guilermo Manuel Márquez Cruz, nado en Almería en 1952, é un sociólogo e profesor español. Foi catedrático do Departamento de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía (Sección Políticas) pola Universidade Complutense de Madrid en xullo de 1977 e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola mesma Universidade en 1990, foi profesor contratado no Seminario de Estudios Sociales de Almería entre os anos 1980-1985, profesor-titor no Centro Asociado de Almería da UNED entre os anos 1985-1991, e profesor na Universidade de Granada entre os cursos académicos 1985-1986 a 1990-1991.

Dende 1991 é profesor na Universidade de Santiago de Compostela, primeiro como profesor titular interino no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, a continuación profesor titular numerario ata o ano 2006, e logo catedrático adscrito ao Departamento de Ciencia Política e da Administración a partir de 2006.

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • Almería en la Transición. Elecciones y Sistema de Partidos (1976-1980). Almería, Gutemberg, 1981
  • Movilidad política y lealtad partidista en Andalucía (1973-1991). Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas, 1992
  • O Goberno local en España: procesos de transición e normalización política. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública, 1995
  • Política y Gobierno local. La formación de gobierno en las Entidades locales en España. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]