Guillermo Meijón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guillermo Antonio Meijón Couselo»)
Guillermo Meijón
Nacemento14 de marzo de 1958
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
Na rede
http://guillermomeijon.es
Facebook: guillermomeijon Twitter: guillermomeijon Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Guillermo Antonio Meijón Couselo, nado en Pontecesures o 14 de marzo de 1958, é un mestre e político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación. Aprobou as oposicións a mestre e exerceu o posto con distintos destinos dende 1979.

Na súa traxectoria como político, foi escollido concelleiro do PSdeG-PSOE na cidade de Pontevedra nas locais de 1999, e reeditou o seu posto nas municipais de 2003. A metade de lexislatura concorreu nas listas socialistas ao Parlamento de Galicia, e foi elixido por Pontevedra nas galegas de 2005 e reelixido nas de 2009. Na cámara galega ocupouse das tarefas relacionadas coa política educativa.

En 2011 foi elixido deputado por primeira vez, nas xerais de 2011. Volveu ser elixido deputado nas xerais de 2015

Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato na lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola Provincia de Pontevedra, resultando elixido deputado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]