Rupelmonde
Aparencia
| Epónimo | Río Rupel | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Bélxica | |||
| Rexión | Rexión Flamenga | |||
| Provincia | Provincia de Flandres oriental | |||
| Distrito | Arrondissement of Sint-Niklaas (en) | |||
| Concello | Kruibeke (pt) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 3.031 (2008) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 1,88 km² | |||
| Bañado por | Río Escalda, Río Rupel e Canal marítimo Bruxelas-Escalda | |||
| Altitude | 7 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 9150 | |||
| Prefixo telefónico | 03 | |||

Rupelmonde é unha localidade belga, sita na provincia Flandres Oriental, nas beiras do río Escalda. Esta vila de 3.000 habitantes forma parte desde 1977 do concello de Kruibeke.
Características
[editar | editar a fonte]Xeografía e nome
[editar | editar a fonte]Rupelmonde érguese na beira esquerda do río Escalda, xusto en fronte da desembocadura do río Rupel. A súa situación explica o seu nome, pois monde equivale en flamengo a "desembocadura, foz", como o alemán Munde. "Foz do Rupel" é o significado do topónimo da vila.
Sitios de interese
[editar | editar a fonte]- A catedral de Nosa Señora, que data de 1757 e posúe unha reprodución dun cadro de Jacob Jordaens.
- A estatua de Mercator, sita na praza central da vila.
- O vello moíño de auga, restaurado en 1997.
- A "Schelleksfeesten", con desfile de xigantes, que ten lugar o primeiro domingo de agosto.
