Guido Battelli
Guido Battelli | |
---|---|
Nacemento | 1869 e 24 de setembro de 1869 |
Lugar de nacemento | Sarzana |
Falecemento | 1955 |
Lugar de falecemento | Florencia |
Nacionalidade | Italia |
Alma máter | Universidade de Parma, Universidade de Boloña e Universidade de Florencia |
Ocupación | tradutor e catedrático |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Guido Battelli, nado en Sarzana (provincia de La Spezia) o 24 de setembro de 1869[1] e finado en Florencia o 13 de abril de 1955, foi un escritor, tradutor e profesor italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito na Universidade de Parma e a Universidade de Boloña, e Filosofía na Universidade de Florencia. Entre 1930 e 1934 foi profesor de literatura italiana na Universidade de Coímbra. De regreso ao seu país, traduciu a obra de Florbela Espanca[2] e outros autores de poesía portuguesa. Publicou principalmente sobre a arte e a cultura de Portugal, e escribiu numerosos artigos sobre artistas italianos para o dicionario biográfico alemán Thieme-Becker.
Colaborou coa revista Nós traducindo ao italiano diversos poemas, como "La leggenda di Carlo Magno” de Avelino Gómez Ledo, da obra Romanceiro Compostelán, e publicado no nº 93 (setembro de 1931), "Nel giardino, una notte seduta" de Manuel Curros Enríquez (nº 119, novembro 1933, tamén no quincenal Faro Villalbés nº 46, marzo de 1934)[3], Noriega Varela, Celestino García Romero e Valentín Lamas Carvajal[4]. Tamén publicou obras de autores galegos en Stampa de Turín e Il Corriere de la Sera de Milán[5].
Publicacións[editar | editar a fonte]
- "Luoghi romiti: S. Miniato al Tedesco–Cigoli". En: Emporium nº 103, xuño 1903.
- "Segreti di magia in un cod. del Tesoro". En: Archivum Romanicum. nº 2, 1921.
- Andrea Sansovino e l’arte italiana della rinascenza in Portogallo (1936)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Apa, L. (1993). "Guido Battelli e la cultura portoghese". L'apporto italiano alla tradizione degli studi ispanici. Atti del Congresso, 'Nel ricordo di Carmelo Samonà', Napoli, 30 gennaio-1 febbraio 1992 (PDF). Roma: Instituto Cervantes. pp. 171–176.
- ↑ Amador Palacios (8 de febreiro de 2016). "El soneto «Toledo» de Florbela Espanca". ABC.
- ↑ Costa, Xoán (7 de xuño de 2019). "Nel giardino, una notte, seduta". Nós.
- ↑ de Frutos Martínez, M. C. (2005). "A revista galega Nós e os seus contactos coa literatura e a cultura italiana contemporáneas" (PDF). Boletín Galego de Literatura (34): 67–88.
- ↑ Delgado Corral, C. (1999). "Guido Battelli, divulgador de Florbela Espanca e da poesía galega en Italia". En Álvarez Blanco, R. e Vilavedra Fernández, D. (coord.). Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. pp. 403–414.