Saltar ao contido

Guerra do Chaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guerra do Chaco
Período de entreguerras Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Casus
Problemas de límites
Petróleo
Militarismo
Saída ao mar.
 Resultado
Fixación definitiva de límites
Datas
 Data de comezo
9 de setembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
12 de xuño de 1935 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Combatentes
Bolivia Paraguai
Forzas
Mobilizados nos 3 anos:
250 000 soldados
Mobilizados nos 3 anos:
120 000 soldados
Baixas
60 000 mortos e desaparecidos
25 000 prisioneiros
30 000 mortos e desaparecidoss
2500 prisioneiros
Localización
 Localización
 País
21°19′38″S 59°44′12″O / -21.32722222, -59.73666667
Identificadores
Freebase/m/0fj9y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A guerra do Chaco foi un conflito armado entre Paraguai e Bolivia que se estendeu desde o 9 de setembro de 1932 até o 12 de xuño de 1935, polo control do Chaco Boreal.

Foi a guerra máis importante en Suramérica durante o século XX. Nos 3 anos de duración, Bolivia mobilizou 250 000 soldados e Paraguai 120 000, que se enfrontaron en combates nos que houbo gran cantidade de baixas (60 000 bolivianos e 30 000 paraguaios), e gran cantidade de feridos, mutilados e desaparecidos. Os distintos tipos de enfermidades tanto físicas como psicolóxicas, a característica hostil do teatro de operacións e a falta de auga e dunha boa alimentación, produciron a maior porcentaxe de baixas e afectaron a saúde dos soldados sobreviventes, a moitos de por vida.

O enfrontamento consumiu inxentes recursos económicos de ambos os países, de por si moi pobres. Paraguai abasteceu o seu exército con gran cantidade de armas e equipos capturados en distintas batallas. Terminada a guerra, algúns excedentes vendeunos a España (Decreto-lei 8406,de 15 de xaneiro de 1937).

O cesamento das hostilidades acordouse o 12 de xuño de 1935. Baixo a presión dos Estados Unidos, por un tratado secreto asinado o 9 de xullo de 1938, Paraguai cedeu 110 000 km² ocupados polo seu exército ao cesamento das hostilidades.[1]

O Tratado de Paz, Amizade e Límites asinouse o 21 de xullo de 1938. E finalmente, o 27 de abril de 2009, 74 anos despois de finalizado o enfrontamento bélico, os presidentes Evo Morales de Bolivia e Fernando Lugo de Paraguai asinaron en Buenos Aires o acordo definitivo de límites territoriais do Chaco Boreal.

A zona en litixio quedou dividida nunha cuarta parte baixo soberanía boliviana e tres cuartas partes baixo soberanía paraguaia. Bolivia recibiu unha zona ás beiras do alto río Paraguai.

  1. Rahi, Arturo e Agüero Wagner, Luis (2006): El Chaco paraguayo: una historia de despojos, renuncias, mutilaciones y entregas. Asunción (Paraguay): F17. ISBN 9789000032846, pp. 45-49.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.