Durante a Segunda Guerra macedónica (-200 a -196), Macedonia cedera a Esparta o control sobre Argos, unha cidade importante da costa exea do Peloponeso. A longa ocupación de Argos por Esparta foi empregado como un pretexto por Roma e os seus aliados para declarar a guerra e estabelecer un asedio sobre Argos, capturar a base naval espartana de Xition e, finalmente, asediar a mesma Esparta. As negociacións posteriores levaron a paz de acordo coas condicións impostas por Roma, baixo as cales Argos e as cidades costeiras de Laconia eren liberadas do dominio espartano e os perdedores foron obrigados a pagar unha importante indemnización de guerra. Argos quedou integrada na Liga Aquea, e as cidades de Laconia quedaron baixo protección aquea.
Como resultado da guerra, Esparta perdeu a súa posición como un dos principais poderes militares de Grecia. Todos os intentos espartanos por recuperar as perdas fracasaron, e Nabis, o derradeiro dos seus soberanos, foi asasinado. Pouco despois, Esparta quedaría integrada dentro da Liga Aquea, a súa gran rival, e así concluíron uns cantos séculos de independencia política.
Cartledge, P; Spawforth, A. (2002). Hellenistic and Roman Sparta: A tale of two cities. Londres: Routledge. ISBN 0-415-26277-1.
Green, Peter (1990). Alexander to Actium: The Historical Evolution of the Hellenistic Age. Os Ánxeles: University of California Press. 2a edició. ISBN 0-500-01485-X.
Gruen, Erich (1984). The Hellenistic World and the Coming of Rome. Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 0-520-05737-6.
Livi, Titus. Rome and the Mediterranean. Londres: Penguin Classics, 1976. Tradución inglesa de Henry Bettison. ISBN 0-14-044318-5.
Holleaux, Maurice (1930). Cambridge Ancient History: Rome and the Mediterranean; 218-133 B.C.. Vol VIII. Os Ánxeles: Cambridge University Press. 1ª edición.
Smith, William (1873). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Londres: John Murray.
Warry, John (1995). Warfare in the Classical World Londres (Reino Unido), University of Oklahoma Press, Norman Publishing Division of the University by special arrangement with Salamander Books Ltd. Edición 2006. ISBN 0-8061-2794-5.