Gripe porcina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Síntomas da gripe porcina

A gripe porcina é unha doenza infecciosa provocada por un virus gripal, coñecido como virus da gripe porcina que é endémico nos porcos. Os virus gripais porcinos máis frecuentes pertencen ó subtipo H1N1 pero tamén se encontran outros subtipos: H1N2, H3N1, H3N2 e H2N3. Aínda que a gripe porcina non afecta polo xeral a persoas, existen casos esporádicos de infeccións, xeralmente en individuos con contacto intenso con porcos e aves de curral e os síntomas son semellantes aos da gripe humana: febre, calabríos, dor de gorxa e musculares, tos, malestar xeral e nalgúns casos náuseas, vómitos e diarrea.