Grimoaldo III de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Grimoaldo III de Benevento
Grimoald Tremissis 788 792 Benevent Italy gold 1270mg.jpg
Nacementoséculo VII
Falecementoabril de 806
PaiArechis II de Benevento
NaiAdelperga da Lombardia
Grimoald III monogram.svg
editar datos en Wikidata ]

Grimoaldo III (morto en 806) foi o príncipe de Benevento longobardo desde a morte do seu pai, o primeiro duque independente, Arechis II, en 787 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo fillo. En 787, el e o seu irmán máis vello Romualdo foron enviados como reféns a Carlomagno que baixara á península italiana para conquistar o principado de Benevento. A cambio da paz, Arechis recoñeceu a soberanía de Carlomagno e entregou os seus fillos. Con todo, os de Benevento eran independentes de feito.

Grimoaldo volveu a Italia á morte do seu pai. De primeiras recoñeceu o poder franco, pero enfrontouse a unha invasión bizantina comandada por Adelchis, o fillo do derradeiro rei longobardo, Desiderio. Arechis II intentara reclamar o trono en 774, tras o desastre de Desiderio a mans de Carlomagno, pero abandonou a causa e, no seu canto, tomou o título de princeps. Adelchis pensou que tiña unha mellor pretensión para gobernar aos longobardos e consecuentemente reunir aliados gregos (inimigos dos francos) para retomar a única parte do territorio italiano que ficara independente. Un exército franco ás ordes de Winixiso e Hildeprando de Spoleto, uniuse a Grimoaldo e venceu a Adelchis na costa nada máis desembarcar.

Deseño dunha moeda longobarda co monograma de Grimoaldo III no anverso.

Logo, Grimoaldo tentou desfacerse da soberanía franca, pero os fillos de Carlomagno, o rei Pipino de Italia e o seu irmán máis vello o rei Carlos o Novo, forzárono a se someter en 792. Con todo, Benevento estaba no camiño para a súa completa independencia e a autoridade carolinxia foi sempre leve.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Gwatkin, H.M., Whitney, J.P. (ed) The Cambridge Medieval History: Volume II—The Rise of the Saracens and the Foundations of the Western Empire. Cambridge University Press, 1926.
  • Oman, Charles. The Dark Ages 476-918. London, 1914.
  • Hodgkin, Thomas. Italy and her Invaders. Clarendon Press: 1895.
Principado de Benevento

Segue a:
Arechis II de Benevento
Grimoaldo III de Benevento
Precede a:
Grimoaldo IV de Benevento
-