Gregorio Dopico Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gregorio Fernández Dopico»)
Infotaula de personaGregorio Dopico Fernández
Biografía
Nacemento1919 Editar o valor em Wikidata
O Roxal, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Sillobre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesYoyo
Bolicheiro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Gregorio Dopico Fernández,[1] Yoyo ou Bolicheiro, nado no Roxal (Neda) en 1919 e finado en Sillobre (Fene) o 30 de xullo de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballaba nunha fábrica de gasosas. Militante da CNT. Foi detido polos axentes da Brigada Social na Coruña o 16 de setembro de 1942. Enlace da guerrilla, despois da caída da organización libertaria da zona de Ferrol en febreiro de 1945, uniuse ao grupo de Francisco Gómez Núñez. Despois foi membro do grupo Neira. Logo da morte de José Neira Fernández integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia onde foi comandante do destacamento Segundo Vilaboy, que tiña como comisario a Adolfo Allegue Allegue e responsable en Lugo a Gregorio Doñate Martínez. Foi morto pola Garda civil o 30 de xullo de 1947, no monte Reboredo en Sillobre, que bordea a estrada a Lavandeira, con Nicolás Rodríguez Pereira.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes figura como Gregorio Fernández Dopico.
  2. La Voz de Galicia, 1-8-1947, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 57. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]