Francisco Gómez Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Gómez Núñez
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1912 Editar o valor em Wikidata
Celeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte1995 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesTrotsky
Penabad Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Francisco Gómez Núñez, Trotsky ou Penabad, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello en 1995, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro. Na II República foi membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro, afecto á CNT. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nos intentos de resistencia ao golpe, marchou a Coruña, e despois botouse ao monte con José Neira Fernández. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Afiliouse ao PCE en 1942. Logo da morte de Neira pertenceu á III Agrupación, onde estivo destinado á partida que operou na Terra de Melide e a Ulloa comandada por Ramón Rodríguez Varela "Curuxás", e despois á IV Agrupación no grupo de Leonardo Gómez Pérez. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Instalouse en Grenoble. Finou en Viveiro en 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 199–201. ISBN 84-87783-79-1. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 77. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]