Grasulfo II de Friúl
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido |
| Morte | 651 Cividale del Friuli, Italia (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Friúl (década de 610–década de 650) |
| Familia | Gausos |
| Pai | Xisulfo I de Friúl |
| Irmáns | Xisulfo II de Friúl |
Grasulfo II (... – circa 653?) foi un duque longobardo, duque do Friúl desde o 625 ata o 653 aproximadamente.
Irmán de Xisulfo II, asumiu o título ducal despois do asasinato a mans bizantinas, en Oderzo, dos dous fillos maiores de Xisulfo, correxentes do ducado, Caccón e Tasón (625 circa). Paulo Diácono non fornece información sobre os eu reinado, pero sinala[1] que o seu nomeamento non lle gustou aos dous fillos sobreviventes de Xisulfo, os aínda xoves Radoaldo e Grimoaldo. Xa próximos á maioría de idade, rexeitan sometérense á autoridade do tío e trasladáronse ao ducado de Benevento onda o duque Arechis I.
Notas
[editar | editar a fonte]Fontes
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).