Granda, Xixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granda a vista de paxaro.

Granda é unha parroquia do concello asturiano de Xixón, en España.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2008 tiña unha poboación de 626 habitantes e en 2018 chegaba aos 643.[1]

Localización[editar | editar a fonte]

Os seus límites son:

  • Norte: Barrio de Ceares traspasando a autoestrada do Cantábrico.
  • Leste: Parroquia de Castiello de Bernueces
  • Oeste: Barrio de Nuevo Roces mediante a AS-I
  • Sur: Parroquias de Leorio, Huerces e Vega

Xeografía[editar | editar a fonte]

Pola parroquia discorre o río Piles, xerando un espazo de natureza fluvial transitable pola Senda Fluvial do río Piles, que mide 19 km e se conecta coa Vía verde da Camocha.[2]

Transportes[editar | editar a fonte]

Granda é vertebrada pola AS-377, que une Pola de Siero con Xixón. Por Granda discorre a Liña 16 de EMTUSA que conecta a estación de Xixón con Veiga e o autobús nocturno B-4, que enlaza Vega con Viesques, La Arena e El Humedal.[3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Granda pertencera aos feudos do Señorío de Noreña dende uns privilexios outorgados polo rei Xoán I en 1383. A principios do século a parroquia aparece como exclusivo lugar de residencia para as clases altas antillanas, como é exemplo a leira Solavieya, de 1918. En 1924 chégase a conceder unha ostentosa festa ao Príncipe de Asturias Juan de Borbón.[5]

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

Fachada principal de Solavieya
Fachada principal da igrexa parroquial

Solavieya[editar | editar a fonte]

Casa de indianos deseñada por Manuel do Busto con gran xardín.

Igrexa de Santo Tomás[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial referenciada por primeira vez no ano 933 como igrexa de Santo Tomás de Vaones, sendo unha das igrexas máis antigas de Xixón. A mediados do século  a igrexa derrúbase e constrúese unha nova na localización actual. Con todo, esta igrexa tamén se destrúe polo seu mal estado en favor dunha nova igrexa inaugurada en 1908 baixo o amparo de José Antonio García Sol, promotor tamén de Solavieya. Durante a Guerra Civil este templo sofre o mesmo destino que as súas predecesoras, construíndose a nova igrexa en 1947.[5]

Matadoiro de Xixón[editar | editar a fonte]

Granda alberga a planta do Matadoiro de Xixón.[6]

Lugares[editar | editar a fonte]

  • Vaones
  • Granda de Baxo
  • Granda de Riba
  • La Barniella
  • La Belga
  • La Carbayera
  • La Folguera
  • El Foru
  • La Perdiz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ayuntamiento de Gijón. "Padrón De Habitantes Actual. Población Barrios Y Parroquias Por Sexo". 
  2. Ayuntamiento de Gijón. "Senda Fluvial del Río Piles". 
  3. EMTUSA. "Línea 16" (PDF). 
  4. EMTUSA. "Búho 4" (PDF). 
  5. 5,0 5,1 Asociación de Vecinos Granda. "Historia Granda" (en castelán). Consultado o 2022-07-20. 
  6. "Matadero de Gijón". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]