A Gran Sinagoga de Budapest (en húngaro: Nagy Zsinagoga), tamén chamada Sinagoga da Rúa Dohany (en húngaro: Dohány utcai Zsinagoga) é un edificio relixioso situado na cidade de Budapest, no antigo barrio xudeu da capital. É a maior sinagoga de Eurasia[1] e a segunda máis grande do mundo, despois da Congregación Emanu-El de Nova York[2]. Hai espazo dispoñible para tres mil persoas.
O edificio ten 75 metros de longo e 27 metros de ancho[3], a sinagoga foi construída entre os anos 1854 e 1859 no estilo do renacemento mourisco[4], de acordo co plan do arquitecto Ludwig Förster. O lugar de nacemento de Theodor Herzl (o fundador do sionismo) quedaba ao lado da sinagoga.
↑«Dohány Synagogue», The New York Times. Consultado o 10 de xaneiro de 2014.(en inglés)
↑Frojimovics, Kinga; Komoróczy, Géza; Pusztai, Viktória and Strbik, Andrea (1999). Jewish Budapest: Memories, Rites, History. Central European University Press. ISBN 963-9116-37-8, p. 111.Consultado o 10 de xaneiro de 2014.(en inglés)