Conversa:Goto Muñiz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na wiki inglesa dise que Goto Núñez era esposa do conde Gonzalo Núñez de Lara (podedes consultar na wiki inglesa Pedro González de Lara). Eu teño a teoría de que hai dúas mulleres chamadas Goto:


1.- Unha é a raíña (século X) da comarca galega de Amaía. Chámase Goto Muñiz ou Gotona Muñoz (a raíña, filla de Munio, normal que sexa Muñiz ou Muñoz polo nome do pai)

2.- Outra é a esposa de Gonzalo Núñez de Lara (século XI), muller que é do condado castelán de Amaya. Esta realmennte é Goto Núñez (= tamén chamada esta Goto González Salvadores ou Goto Núñez González Salvadores, a cal naceu sobre o ano 1065)

  • Son dous nomes moi semellantes que levaron a algún historiador a confusión. Na wiki inglesa poñían Goto Núñez de Amaya, pero hai un condado castelán chamado Amaya (que non ten que ver co de Amaía, o que pasa é que pode levar a confusión). . --Xoán Carlos Fraga 23:53, 2 novembro 2009 (UTC)
  • Tamén podedes mirar isto:

[1] (Goto Nuñez Gonzalez Salvadores) [2] (Goto ou Gotona Muñiz ou Muñoz) Eu son partidario de facer referencia no artigo a que non debe confundirse Goto Muñiz con Goto Nuñez, porque hai textos que as identifican como a mesma persoa. Eu fago unha teoría que parece confirmarse polas ligazóns dadas, pero eu non son Deus e houbo autores que a identificaron (penso que equivocadamente) como a mesma persoa, o cal non parece ter outra explicación máis que os seus nomes tan parecidos e tamén o feito de unha ser unha da comarca de Amaía e a outra do condado de Amaya. Estas 2 semellanzas (nome propio e comarca) creo que foron a causa da confusión.


  • Sobre a comarca de Amaía (ás veces escrita como Amahía), pódese facer a entrada, mais non sei cal foi o criterio seguido para facer as outras comarcas galegas e penso que non vai ser coincidente. Polo que vexo no DEGU, Amaía é unha comarca natural que comprende parroquias dos concellos de Ames, Brión e Rois; por tanto, parece non seguir o criterio da comarcalización oficial ao non coincidir con concellos enteiros. --Xoán Carlos Fraga 12:22, 3 novembro 2009 (UTC)