Goshogawara
| 五所川原市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Aomori | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 50.757 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 404,2 km² | ||||
| Bañado por | Mar do Xapón e Lake Jūsan (en) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 28 de marzo de 2005 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | city.goshogawara.lg.jp | ||||
Goshogawara (五所川原市, ごしょがわらし, Goshogawara-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ó noroeste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 404,56 km² de superficie, unha poboación de 59.891 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 148 h/km².
O concello de Goshogawara limita cos concellos de Nakadomari, Sotogahama, Imabetsu, Tsugaru, Yomogida, Tsuruta, Itayanagi e Aomori.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1889 os concellos de aldeas de Goshogawara, Sakae, Nakagawa, Miyoshi, Nagahashi, Matsushima e Iizume foron findado dentro do distrito de Kitatsugaru. No ano 1898 o concello da aldea de Goshogawara converteuse nun concello de vila. No ano 1954 o concello da cidade de Goshogawara foi fundado pola fusión do concello da vila de Goshogawara e dos concellos de aldeas de Sakae, Nakagawa, Miyoshi, Nagahashi, Matsushima e Iizume. No ano 2005 a nova cidade de Goshogawara foi fundada pola fusión da antiga Goshogawara e do concello da vila de Kanagi e do concello da aldea de Shiura do distrito de Kitatsugaru.
Personaxes de sona
[editar | editar a fonte]- Osamu Dazai (太宰 治) - Escritor
