Gorka Landaburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGorka Landaburu

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco Javier de Landaburu Editar o valor em Wikidata
IrmánsEneko Landaburu e Ander Landaburu Editar o valor em Wikidata

Gorka Landaburu Illarramendi, nado en París, Francia, o 11 de outubro de 1951, é un xornalista vasco. Traballou en diversos medios de comunicación e é director e vicepresidente do consello editor do semanario Cambio 16 e tamén da revista Aldaketa Hamasei. É irmán do tamén xornalista Ander Landaburu, director do xornal El País no País Vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

O seu pai, Francisco Javier de Landaburu Fernández, foi deputado do PNV durante a II República e vicelehendakari do Goberno Vasco, durante o franquismo, no exilio de París, onde naceu Gorka, que cursou alí os seus estudos de xornalismo. Regresou a España en 1972 e exerceu como profesor de francés en varias escolas.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

É un xornalista cunha gran traxectoria en medios de comunicación franceses, como Radio France, e españois, onde foi correspondente de Canal Sur no País Vasco e colaborador radiofónico de Luis del Olmo en Las mañanas de Onda Cero. Os seus últimos traballos son como director do semanario Cambio 16 e de Aldaketa Hamasei (Cambio 16 en éuscaro). Tamén é vicepresidente do consello editor de Cambio 16 e director da axencia de información Espacio de Información General. Participa tamén como contertulio en espazos de televisión, como "59 segundos" en TVE.

Implicación política[editar | editar a fonte]

Afiliado dende 1993 ó PSE, a súa oposición ó nacionalismo violento e ó terrorismo no País Vasco marcaron a súa carreira, e centraron boa parte do seu traballo; por este motivo foi obxecto dun atentado terrorista no 2001.

Landaburu manifestouse, en 2005, contra o peche por orde xudicial do xornal Egunkaria, que foi acusado de colaboración con ETA. Colaborou coa coordinadora "Gesto por la Paz" e preside o Grupo Vasco de Vítimas do Terrorismo. En febreiro de 2006, asinou o manifesto "Si no noso nome, si a que se busque a paz",[1] no que se defendía o diálogo entre o Goberno español e a banda terrorista.

Atentado terrorista[editar | editar a fonte]

O 15 de maio de 2001, Gorka Landaburu recibiu no seu domicilio de Zarautz (Guipúscoa) un paquete remitido por unha revista á que estaba subscrito. O paquete bomba, enviado pola banda terrorista ETA, contiña 150 g de dinamita Titadyne, que estoupou ó abrilo e causoulle graves feridas[2] na faciana, no abdome e a amputación dunha falanxe do dedo índice da man dereita e unha falanxe de tódolos dedos (agás o matapiollos) da esquerda.[3] O seu fogar foi tamén obxectivo de ataques de grupos violentos e está obrigado a levar escolta dende hai varios anos. É membro da Fundación Vítimas do Terrorismo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]