Gonzalo Gómez Caridad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonzalo Gómez Caridad
Nacemento 1919
  A Coruña
Falecemento 15 de novembro de 2007
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Gómez Caridad, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 15 de novembro de 2007[1], foi un antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado e participou na guerra no bando franquista. Funcionario do Concello da Coruña. Embarcou en 1948 coa súa muller no “Marques de Comillas” rumbo a Venezuela. Fixeron unha parada na Habana para visitar á familia de Jesús Vázquez Gayoso. En Caracas entrou en contacto cos exiliados galegos Xosé Velo Mosquera e Xoán Noya. Participou na fundación do Lar Gallego en 1948 e foi secretario da xunta directiva que presidía Xosé Velo. Fixo viaxes constantes a Galicia, algún que durou dous anos (entre 1956 e 1959). Na súa derradeira etapa estivo no interior de Venezuela, no estado Barinas e na cidade de Valencia, capital do estado Carabobo. En Barinas tivo unha ferraxería, foi secretario de Cultura da Irmandade Galega de Valencia e editou a revista Aturuxo. Colaborou co periódico A Nosa Terra e no xornal electrónico venezolano Aporrea. Pouco antes de morrer escribiu e editou electrónicamente as súas memorias da guerra civil co título Renacer de esperanzas, nas que o protagonista, Antón Dopazo (heterónimo de Gonzalo), describe a súa participación na guerra no lado faccioso en oposición aos seus ideais progresistas e democráticos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Renacer de esperanzas. Memoria de Antón Dopazo en la Guerra Civil Española, 2004.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Freire Patiño, e foi pai de Gonzalo Gómez Freire.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-11-2007, p. 51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]