Golpellás, Calvos de Randín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Golpellás
ConcelloCalvos de Randín[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°58′52″N 7°53′09″O / 41.98098162, -7.88590301Coordenadas: 41°58′52″N 7°53′09″O / 41.98098162, -7.88590301
Poboación33 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Golpellás é unha das nove parroquias do concello ourensán de Calvos de Randín. En 2017 tiña 33 habitantes (13 homes e 20 mulleres). Segundo o INE[2] e o IGE[3] 2011 tiña 47 habitantes (24 homes e 23 mulleres), catro máis ca en 2010 (23 homes e 20 mulleres). Na temporada estival aumenta a poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo o Nomenclátor de Galicia ten unha única entidade de poboación, Golpellás. As zonas do lugar son A Bouza, O Rego (na parte central da aldea, onde se sitúa a maior concentración humana), A Devesa, O Regalo e O Castiñeiro. Pola parroquia pasa o río Fírvida.

A parroquia conta con numerosas fontes e mananciais de auga entre os que destacan o Pozo do Regalo, o da Bouza, o do Esporón, e a Fonte das Moreiras. Conta tamén con distintas eiras, como a Aira da Bouza, Aira do Cano, Aira do Castiñeiro, Aira da Devesa e Aira do Mato[Cómpre referencia].

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Golpellás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Golpellás no concello de Calvos de Randín (Ourense)

Golpellás

Parroquias de Calvos de Randín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Calvos de Randín

Calvos (Santiago) | Castelaus (San Martiño) | Feás (San Miguel) | Golpellás (San Xoán) | Lobás (San Vicente) | Randín (San Xoán) | Rioseco (Santa Mariña) | Rubiás dos Mixtos (Santiago) | Vila (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]