Glutatión disulfuro
Glutatión disulfuro | |
---|---|
Ácido (2S)-2-amino-5-[[(2R)-3-[(2R)-2-[[(4S)-4-amino-5-hidroxi-5-oxopentanoil]amino]-3-(carboximetilamino)-3-oxopropil]disulfanil-1- (carboximetilamino)-1-oxopropan-2-il]amino]-5-oxopentanoico | |
Identificadores | |
Abreviaturas | GSSG |
Número CAS | 27025-41-8 |
PubChem | 65359, 11215652 |
ChemSpider | 58835 |
ChEMBL | CHEMBL1372 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H32N6O12S2 |
Masa molecular | 612,631 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O glutatión disulfuro (GSSG) ou disulfuro de glutatión é un disulfuro derivado da unión de dúas moléculas de glutatión.[1][2]
Nas células vivas o glutatión disulfuro redúcese a dúas moléculas de glutatión con equivlentes de redución procedentes do coencima NADPH. Esta reacción está catalizada polo encima glutatión redutase.[3] Encimas antioxidantes como as glutatión peroxidases e peroxirredoxinas xeran glutatión disulfuro durante a redución de peróxidos como o peróxido de hidróxeno (H2O2) e hiperperóxidos orgánicos (ROOH):[4]
- 2 GSH + ROOH → GSSG + ROH + H2O
Outros encimas, como as glutarredoxinas, xeran glutatión disulfuro por medio dun intercambio de tiol-disulfuros con pontes disulfuro de proteínas ou outros compostos de baixo peso molecular, como o coencima A disulfuro ou o ácido deshidroascórbico.[5]
- 2 GSH + R-S-S-R → GSSG + 2 RSH
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Meister A, Anderson M (1983). "Glutathione". Annu Rev Biochem 52: 711–60. PMID 6137189. doi:10.1146/annurev.bi.52.070183.003431.
- ↑ PubChem compound
- ↑ Deneke SM, Fanburg BL (1989). "Regulation of cellular glutathione". Am. J. Physiol. 257 (4 Pt 1): L163–73. PMID 2572174.
- ↑ Meister A (1988). "Glutathione metabolism and its selective modification" (PDF). J Biol Chem 263 (33): 17205–8. PMID 3053703. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2008. Consultado o 22 de outubro de 2011.
- ↑ Holmgren A, Johansson C, Berndt C, Lönn ME, Hudemann C, Lillig CH (2005). "Thiol redox control via thioredoxin and glutaredoxin systems". Biochem. Soc. Trans. 33 (Pt 6): 1375–7. PMID 16246122. doi:10.1042/BST20051375.