Glutatión disulfuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glutatión disulfuro
Identificadores
Abreviaturas GSSG
Número CAS 27025-41-8
PubChem 65359, 11215652
ChemSpider 58835
ChEMBL CHEMBL1372
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C20H32N6O12S2
Masa molecular 612,631 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O glutatión disulfuro (GSSG) ou disulfuro de glutatión é un disulfuro derivado da unión de dúas moléculas de glutatión.[1][2]

Nas células vivas o glutatión disulfuro redúcese a dúas moléculas de glutatión con equivlentes de redución procedentes do coencima NADPH. Esta reacción está catalizada polo encima glutatión redutase.[3] Encimas antioxidantes como as glutatión peroxidases e peroxirredoxinas xeran glutatión disulfuro durante a redución de peróxidos como o peróxido de hidróxeno (H2O2) e hiperperóxidos orgánicos (ROOH):[4]

2 GSH + ROOH → GSSG + ROH + H2O

Outros encimas, como as glutarredoxinas, xeran glutatión disulfuro por medio dun intercambio de tiol-disulfuros con pontes disulfuro de proteínas ou outros compostos de baixo peso molecular, como o coencima A disulfuro ou o ácido deshidroascórbico.[5]

2 GSH + R-S-S-R → GSSG + 2 RSH

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meister A, Anderson M (1983). "Glutathione". Annu Rev Biochem 52: 711–60. PMID 6137189. doi:10.1146/annurev.bi.52.070183.003431. 
  2. PubChem compound
  3. Deneke SM, Fanburg BL (1989). "Regulation of cellular glutathione". Am. J. Physiol. 257 (4 Pt 1): L163–73. PMID 2572174. 
  4. Meister A (1988). "Glutathione metabolism and its selective modification" (PDF). J Biol Chem 263 (33): 17205–8. PMID 3053703. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2008. Consultado o 22 de outubro de 2011. 
  5. Holmgren A, Johansson C, Berndt C, Lönn ME, Hudemann C, Lillig CH (2005). "Thiol redox control via thioredoxin and glutaredoxin systems". Biochem. Soc. Trans. 33 (Pt 6): 1375–7. PMID 16246122. doi:10.1042/BST20051375. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]