Gloster Gauntlet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloster Gauntlet
Tipocaza
FabricanteGloster Aircraft
Primeiro voo1933
Introducido1933
Retirado1943
Principais usuariosRoyal Air Force
Real Forza Aérea de Dinamarca
Forza Aérea de Finlandia
Produción1933 - 1936
Unidades construídas246
VariantesGloster Gladiator

O Gloster Gauntlet foi un biplano monopraza de caza deseñado e fabricado polo construtor británico Gloster Aircraft nos anos 30. Foi o derradeiro caza en ser operado pola Royal Air Force (RAF) cunha cabina aberta, e o penúltimo caza biplano no seu servizo.

O Gauntlet tivo un proceso de desenvolvemento algo longo, vinculándose ao prototipo S.S.18 de 1929. Amplas modificacións, incluídos múltiples cambios no motor e para adaptarse a distintas especificacións, resultando nun avión relativamente rápido para a época, con armamento pesado e manobrablilidade favorable. A mediados de 1933 foi bautizado como Gauntlet e o Ministerio do Aire realizou un pedido inicial por 24 avións en setembro dese ano. Mercouse como un substituto para o Bristol Bulldog, sendo un 80 km/h máis rápido e con armamento máis pesado. En maio de 1935 o No. 19 Squadron converteuse na primeira unidade en recibir o Gauntlet I.

Un modelo mellorado, o Gauntlet II, con melloras estruturais que proviñan da nova compañía nai de Gloster, Hawker, desenvolveuse en 1934; as entregas deste novo modelo comezaron no ano seguinte. Gloster recibiu pedidos por máis de 200 Gauntlet II, sendo finalmente operado por 14 escuadróns do Mando de Caza da RAF. Usouse para varios roles, incluído unha serie segreda de exercicios que incluían aprimeira intercepción dun avión usando información transmitida dende un radar terrestre, unha técnica que sería vital durante a segunda guerra mundial. Porén, en 1936 os escuadróns de primeira liña comezaron a reequiparse con cazas máis avanzados, como os Gloster Gladiator, Hawker Hurricane e Supermarine Spitfire. Os Gauntlet usáronse cada vez máis en roles secundarios e en escuadróns de ultramar, servindo cunha capacidade moi reducida durante a segunda guerra mundial. Os derradeiros exemplares retiráronse en 1943.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Gloster Gauntlet remóntase ao prototipo S.S.18, que voou por vez primeiro en xaneiro de 1929. Aínda que o seu rendemento demostrou que o deseño básico era sólido, chegando a voar a unha velocidade máxima de 304 km/h, problemas co motor Bristol Mercury IIA que impulsaba o avión motivaron que Gloster explorase outras plantas de potencia, chegando finalmente ao Gloster S.S.19,[1] estruturalmente semellante. Nesa época o MInisterio do Aire estaba formulando a especificación F.10/27, que buscaba un caza monopraza que estivese armado con seis metralladoras e que funcionase como interceptor a grande altitude; Henry Folland, deseñador xefe de Gloster, optou por modificar o S.S.19 para levar armamento máis pesado (catro metralladoras nas ás e dúas na fuselaxe), co obxectivo de cumprir eses requisitos. A finais de 1930 realizáronse moitas probas no avión en RAF Martlesham, durante as cales non se atoparon grandes problemas e o avión demostrou ter un mellor manexo que calquera avión monopraza construído ata ese momento.[2]

Gloster S.S.19A

A pesar do prometedor rendemento do S.S.19, as actitudes dentro do Estado Maior do Aire con respecto ao armamento do futuro caza e solicitáronse combios.[3] Folland decidiu responder refinando o deseño do avión, como a adición de polainas nas rodas do tren ade aterraxe, e unha unidade de cola modificada a cunha deriva máis grande e polo tanto maior estabilidade. Redesignado como o S.S.19A, o avión pasou por unha avaliación de servizo completo a finais de 1931, durante a cal acadou unha velocidade máxima de 328 km/h.[3] Realizáronse máis modificacións para satisfacer a especificación F.20/27, resultando no Gloster S.S.19B. Os voos de avaliación deste avión revisado demostraron que podía chegar ata os 341 km/h.[4]

No verán de 1933 as probas progresaran co S.S.19B e os plans para mercar o tipo avanzaran ata o punto de que se lle asignou o nome de Gauntlet.[5] Tras ser remotorizado cun motor Bristol Mercury VIs, o tipo acadou unha velocidade máxima de 346,8 km/h[6][7] e subiu ata unha altitude de 20 000 pés en 11 minutos e 43 segundos.[8] Despois de quedar satisfeito co rendemento demostrado, o Ministerio do Aire optou por relizar un pedido inicial por 24 Gauntlet como substitutos dun escuadrón de cazas Bristol Bulldog durante setembro de 1933; a especificación final e o contrato No. 285263/35 foron enviados a Gloster en febreiro de 1934.[7][5]

Produción[editar | editar a fonte]

Gloster S.S.19B

Durante decembro de 1934 completouse o primeiro Gauntlet de produción, o K4081; o 17 de decembro realizou o seu primeiro voo dende as instalacións de Gloster en Hucclecote.[9] O 25 de maio de 1935 entregáronse os dous primeiros avións ao No. 19 Squadron, e 20 dos 24 Gauntlet completáronse a finais do mes seguinte, sendo entregados a meirande parte deles tamén ao No. 19 Squadron. Aínda que o desenvolvemento do tipo fora longo, resultou nun avión que tiña moi poucos problemas e conseguiu rapidamente unha reputación favorable.[10]

Como resultado da adquisición de Gloster por parte de Hawker en 1934, houbo unha considerable énfase para estandarizar as técnicas de construción e deseño de Gloster coas da súa nova compañía nai.[11] Aínda que o programa do Gauntlet avanzado xa o suficiente como para facer que se fixesen de forma viable grades modificacións ao primeiro lote, determinouse que sería bastante beneficioso para futuros lotes de produción incorporar elementos estruturais de Hawker, principalmente na parte traseira da fuselaxe, reducíndose os custos de montaxe e facéndose máis doadas as reparacións ao reducir o uso das soldaduras.O avión revisado, normalmente coñecido como Gauntlet II, led to the initial batch being retroactively referred como o Gauntlet I.[11][12][13]

Durante o mes de abril de 1935 Gloster recibiu o contrato No. 396880/35, que pedía 104 Gauntlet II.[11][12] En setembro de 1935 eniviouse outro contrato, o No. 442477/35,que pedía outros 100 avións. As entregas do Gauntlet II comezaron no mes de maio de 1935, cos primeiros exemplares sendo enviados aos No. 56 Squadron e No. 111 Squadron.[14] Un total de 204 Gauntlet II foron producidos no Reino Unido.

Historial operativo[editar | editar a fonte]

Unha liña de Gloster Gaunlet ao redor de 1936

O primeiro escuadrón en recibir o Gauntlet I foi o Escuadrón No. 19 en RAF Duxford, que recibiu os seus primeiros exemplares en maio de 1935. O seu rendemento era claramente superior que a do anterior avión do escuadrón, o Bristol Bulldog, sendo 90 km/h máis rápido que o seu predecesor;[13] entre 1935 e 1937 o Gauntlet foi o avión máis rápido operando coa RAF.[15] En consecuencia, foi adquirido en número suficiente para converterse no caza máis común en servizo durante esta época.

En maio de 1936 entrou en servizo o mellorado Gauntlet II cos Escuadrón No. 56 e Escuadrón No. 111, mentres que outros seis escuadróns foron reequipados co Gauntlet cara finais de ano.[13][12] Máis aló da súa función típica, o tipo utilizouse ocasionalmente para outras tarefas, como para voos meteorolóxicos e de competición.[16] Un uso segredo particular do Gauntlet foi realizado polo Escuadrón No. 32 (The Royal), que participou nas primeiras probas de radares terrestres,[13] axudando a desenvolver técnicas para a dirección de cazas; estes exercicios incluíron a primeira interceptación exitosa controlada por radar, unha técnica que resultaría inestimable durante a segunda guerra mundial.[17]

En maio de 1937 o Gauntlet alcanzara o pico da súa forza na RAF, cun total de 14 escuadróns do Mando de Caza da RAF operando o tipo.[15][16] En 1936 a RAF comezou a conseguir cazas máis avanzados, como os Gloster Gladiator, Hawker Hurricane e Supermarine Spitfire, e estes foron substituíndo progresivamente ao Gauntlet. Como consecuancia, os Gauntlets foron normalmente transferidos a novas unidades, servindo como primeiro equipamento para permitirlle a estas unidades adestrar antes de recibir cazas máis modernos. Decidiuse tamén enviar numerosos Gauntlets a zonas distantes do Imperio Británico, como para equipar tres escuadróns da RAF que estaban estacionados en Oriente Medio.[16][13] Porén, en setembro de 1938, cando a crise de Múnic ameazou con guerra contra Alemaña, o 45% dos escuadróns de caza da RAF (nove escuadróns) aínda voaban o Gauntlet, con só tres escuadróns equipados con Hurricanes.[18]

No estoupido da segunda guerra mundial todos os escuadróns baseados en Gran Bretaña con Gauntlet menos un (o 616)[13] reequipáronse con cazas modernos.[18] Porén, o tipo permaneceu en servizo na primeira liña no Oriente Medio durante un tempo; unha escuadrilla de Gauntlets permanecía en servizo no Escuadrón No.3 da Real Forza Aérea de Australia (RAAF) en Oriente Medio cando Italia declarou a guerra en 1940. Estes avións foron utilizados brevemente para operacións de ataque a terra contra os italianos antes de ser retirados das operacións debido a problemas de mantemento.[19] En agosto de 1940 formouse a Escuadrilla 430 da RAF en Sudán cunha mestura de Gauntlets e Vickers Vincents no rol de cooperación co exército durante a campaña de África Oriental, cos Gauntlets realizando operacións de bombardeo metrallamento contra as forzas italianas.[20] Sudán foi onde o tenente de voo Arthur Brewerton Mitchell anotou a única vitoria aire-aire nun Gauntlet, cando derrubou un transporte Caproni Ca.133 italiano.[13][21] Os Gauntlet continuaron usándose para voos meteorolóxicos ata 1943.[13][12][16]

17 Gauntlet II foron fabricados baixo licenza en Dinamarca,[22] mentres que 25 máquinas ex-RAF foron subministradas por Suráfrica como parte do seu apoio a Finlandia en 1940,[13] que estivera involucrada involucrada na guerra de Inverno contra a Unión Soviética. Xa obsoletos neste momento, foron utilizados como adestradores avanzados polos fineses.[23] O alcume finés do Gauntlet era Kotletti (literalmente "chuleta").

Notas[editar | editar a fonte]

  1. James 1971, pp. 170-171
  2. James 1971, pp. 172-173
  3. 3,0 3,1 James 1971, p. 173
  4. James 1971, pp. 173-174
  5. 5,0 5,1 James 1971, pp. 174-175
  6. "New Fighting Plane Carries Six Guns." Popular Science, xuño de 1931, p. 52.
  7. 7,0 7,1 Mason 1992, p. 210
  8. James 1971, p. 175
  9. James 1971, p. 176
  10. James 1971, pp. 176-178
  11. 11,0 11,1 11,2 James 1971, p. 178
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Mason 1992, p. 238
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 13,7 13,8 Smith, Peter C. (2015). Combat biplanes of World War II: a personal selection. Barnsley, South Yorkshire: Pen & Sword Aviation. p. 347. ISBN 978-1-78340-054-6. OCLC 930689219. 
  14. James 1971, p. 179
  15. 15,0 15,1 Thetford 1957, p. 224
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 James 1971, p. 181
  17. Mason 1992, p. 237
  18. 18,0 18,1 Lumsden e Thetford 1993, p. 191
  19. "Australia in the War of 1939–1945. Series 3 – Air, Volume III – Air War Against Germany and Italy, 1939–1943(Australian Official Histories – Second World War)" (PDF). Australian War Memorial. 2015-12-22. Archived from the original on 22 de decembro de 2015. Consultado o 2024-04-16. 
  20. Shores 1996, pp. 43, 56-59, 61, 63
  21. Green e Swanborough 1976, p. 175
  22. Wixey 1981, p. 17
  23. Mondey 1994, p. 111

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • James, Derek J. Gloster Aircraft since 1917. Londres:Putnam, 1971. ISBN 0-370-00084-6.
  • Lumsden, Alec; Thetford, Owen (1993), On Silver Wings: RAF Biplane Fighters between the Wars, London: Osprey Publishing Company, ISBN 1-85532-374-5
  • Mason, Francis K. The British Fighter Since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1992. ISBN 1-55750-082-7.
  • Mondey, David. The Hamlyn Concise Guide to British Aircraft of World War II. London: Aerospace Publishing, 1994. ISBN 1-85152-668-4.
  • Shores, Christopher. Dust Clouds in the Middle East: The Air War for East Africa, Iraq, Syria, Iran and Madagascar, 1940–1942. London: Grub Street, 1996. ISBN 1-898697-37-X.
  • Thetford, Owen. ''Aircraft of the Royal Air Force 1918–57''. London: Putnam, First edition 1957.
  • Wixey, Kenneth E. "The Gloster Gauntlet story". ''Aircraft Illustrated''. Vol. 14 No. 1, January 1980. pp. 13–17.