Hawker Hurricane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hawker Hurricane
Hawker Hurricane03.jpg
Sea Hurricane
Tipo caza
Fabricante Hawker
Deseñado por Sydney Camm
Primeiro voo 6 de novembro de 1935
Introducido decembro de 1937
Principais usuarios Royal Air Force
Royal Canadian Air Force
Produción 1937 - 1944
Construídos 14.533

O Hawker Hurricane foi un caza británico usado durante a Segunda Guerra Mundial. Voou por primeira vez o 6 de novembro de 1935 e entrou en servizo, como Hurricane MK I, en decembro de 1937. Foi o primeiro caza monoplano de á baixa e con tren retráctil da RAF e levou o peso das operacións de caza ata o ano 1941, cando apareceu o Spitfire.

O Hurricane foi fundamental para o rearme británico ante a inminente Segunda Guerra Mundial e puxo ao Reino Unido en condicións para poder enfrontar o conflito dende o aire. Aínda que en gran medida foi eclipsado polo Spitfire, o Hurricane fíxose famoso durante a Batalla de Inglaterra, onde conseguiu sobre o 60% das vitorias aéreas da RAF, e serviu nos principais escenarios da guerra.

O seu deseño orixinal foi modificado aparecendo varias versións que deron como resultado unha serie de avións con distintas funcións como cazas interceptores, cazabombardeiros ou avións de apoio próximo. As versións navais, coñecidas como Sea Hurricane, foron modificacións para poder operar dende buques de guerra. Algúns foron convertidos para ser lanzados dende catapulta como escolta de convois e foron coñecidos como "Hurricats". Chegaron a fabricarse máis de 14.000 aparellos ata finais de 1944, incluídos uns 1.200 Sea Hurricane e preto de 1.400 fabricados en Canadá pola empresa Canadian Car and Foundry baixo licenza.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: monopraza de caza Hawker Horricane MK I.
  • Envergadura: 12,19 m.
  • Lonxitude: 9,55 m.
  • Planta motriz: motor lineal Rolls-Royce Merlin II.
  • Peso máximo ao despegue: 2.829 kg.
  • Velocidade máxima: 308 millas/hora a 10.000 pés.
  • Alcance operacional 525 millas.