Glenda Jackson
Aparencia
Glenda May Jackson, nada en Birkenhead (Merseyside) o 9 de maio de 1936 e finada en Blackheath (Londres) o 15 de xuño de 2023, foi unha actriz británica que chegou ademais a ser deputada laborista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou profesionalmente como actriz en 1957 mentres estudaba na Royal Academy of Dramatic Art.
A súa participación en Mulleres namoradas, levouna a gañar o seu primeiro oscar á mellor actriz, ao que seguiu o obtido por A Touch of Class tres anos despois.
Apartouse da interpretación en 1992 para dedicarse á política, e foi elixida repetidamente membro da Cámara dos Comúns polo Partido Laborista no norte de Londres, entre 1992 e 2015.
Logo de abandonar a política regresou ao traballo actoral.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1967 | Marat/Sade |
1968 | Tell Me Lies |
1968 | Negatives |
1969 | Mulleres namoradas |
1970 | The Music Lovers |
1971 | Sunday Bloody Sunday |
1971 | Mary, Queen of Scots |
1973 | A Touch of Class |
1974 | The Devil Is a Woman |
1975 | Hedda |
1976 | The Incredible Sarah |
1977 | Stevie |
1980 | Health |
1987 | Beyond Therapy |
1989 | The Rainbow |